“Devolver ao Estado o Pazo de Meirás debe ser considerado como recoñecemento de uso indebido e o dereito a indemnizar por tal feito” – Antón Luaces

13 Marzo 2026

Tres son os símbolos de poder de ditadura de Franco: o Val dos Caídos, o Palacio do Pardo e o Pazo de Meirás, este construido por orde da escritora galega Emilia Pardo Bazán a finais do século XIX. 

Convertido en residencia de verán de Franco e a súa familia durante toda a etapa franquista, o Tribunal Supremo ven de confirmar a sentenza da Audiencia da Coruña que ordena aos netos de Francisco Franco devolver ao Estado o devandito Pazo, desestimando así a Sala Primeira deste tribunal todos os recursos interpostos contra desa sentenza, tanto o da familia do ex-Xefe do Estado (que aspiraba a que se lle recoñecese a propiedade da finca) como o das administracións públicas (que dicían non ter que indemnizar aos herdeiros polos gastos asumidos por eles para mellorar o inmoble).

Conclúe a Sala que o pazo foi destinado ao servizo da xefatura do Estado desde 1938 coma unha dependencia semellante ao Palacio do Pardo e salienta que os seus moradores non posuiron a finca en calidade de donos como mínimo ata a década dos 90 do século XX. Foi cando deixou de prestar servizo ás administracións, motivo polo que non transcorreu o prazo legal de 30 anos para poderen adquirir a propiedade por esta via.  A sala establece que non se dan os requisitos para desposuir  ao inmoble dese carácter de ben de dominio público. A decisión do Supremo significa “devolver ao público o que público era”, segundo espuxo o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática,  Ángel Víctor Torres.

O Supremo conclúe asimesmo que os Martínez-Bordiu Franco “deben ser indemnizados”. Esta jndemnización podería roldar os 800.000 euros.

O BNG reclama que o Pazo pertenza a Galicia e non a España.

Outros artigos

“Que parte del no, no entiende Trump” – Manuel Domínguez

Que parte del no, no entiende Donal Trump. La ONU es una organización para la defensa en caso que un país  miembro sea atacado, todos saldrán en defensa a de él, es una defensa mutua. Y EE UU no fue atacado por nadie, Trump hizo un ataque personal, sin permiso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ser de alguén” – Xulio Xiz

“Ser de alguén” – Xulio Xiz

A pregunta “de quen ves sendo?” é habitual no noso rural e aínda nos pobos, por estimar que nos axudará a identificar ao interlocutor. Que non é privativo desta fin do mundo, pois a pregunta formulárona musicalmente alto e claro – “Y tú, de quién eres? – os andaluces...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.