Este martes 5 de maio ás 20:30 h a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Casa da Cultura de Noia) acollerá a conferencia que ten por título Tecedeiras: arte e talento na sombra. A charla será impartida polo arqueólogo e investigador Manuel Rodríguez Calviño, nun...
En Noia, comezan as obras de saneamento e mellora do firme nas rúas Brasil e Lorenzo de Armada
O Concello de Noia iniciará este luns 4 de maio as obras de saneamento e renovación do firme nas rúas Brasil e Lorenzo de Armada, en palabras do Executivo “unha actuación clave para mellorar as infraestruturas urbanas da zona”. Dende o Concello explican que “aínda que...
Presentada en Santiago a nova edición do Rompetiño: Rompe X
O alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, xunto ao concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, acudiron a semana pasada á gala de presentación da X edición do Rompetiño Jump, a festa da cultura e os deportes urbanos da vila sonense. A presentación celebrouse no Patio de...
O Concello de Muros acondiciona a contorna do Pavillón de Miraflores e do Campo de Fútbol Eleuterio Balayo
O Concello de Muros continúa co plan de mantemento e posta a punto das zonas verdes do municipio. Nestes pasados días leváronse a cabo traballos de roza e limpeza dos xardíns e dos accesos ao Pavillón de Miraflores e ao Campo de Fútbol Eleuterio Balayo, co obxectivo...
Atopan sen vida a muller desaparecida en Portosín tras un operativo de busca en Porto do Son
Unha muller que permanecía desaparecida desde a noite do venres foi atopada sen vida na mañá deste sábado en Porto do Son, concretamente na parroquia de Portosín. Segundo informou o 112 Galicia, a alerta pola desaparición rexistrouse arredor das 22:00 horas. De...
Noia pon en valor o Campo da Feira tras unha actuación integral de mellora
O Concello de Noia vén de completar unha importante actuación de recuperación no Campo da Feira, en palabras do Goberno local “un espazo verde emblemático situado moi preto do casco urbano que presentaba un notábel estado de deterioro”. Os traballos realizados...
A ribeirense Fabiola García enxalza en Bos Aires o papel dos centros galegos e destaca a colectividade de Porto do Son na diáspora
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, realizou unha visita institucional ao Centro Galego de Avellaneda, en Bos Aires, onde exerce como madriña dos premios “Barca de Sálvora”, nunha xornada centrada no fortalecemento dos vínculos coa...
A conselleira do Mar destaca en Porto do Son a calidade do produto pesqueiro galego na XXIV Xuntanza de Confraternidade
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, enxalzou a calidade dos produtos pesqueiros locais durante a súa participación na XXIV Xuntanza de Confraternidade celebrada en Porto do Son, un evento xa consolidado que reúne cada ano a veciños, autoridades e representantes do...
Mariscadoras de Muros retiran algas á man para protexer o marisco ante unha floración sen precedentes
Máis de medio cento de mariscadoras e mariscadores de Muros levan días traballando intensamente na limpeza manual da praia da Virxe, un dos principais bancos marisqueiros da zona, afectado por unha inusual e masiva acumulación de algas. A presenza destas algas está a...
Merca no Teu Comercio arrinca na Pobra, no Porto do Son e en Portosín
A campaña Merca no Teu Comercio das federacións (coruñesa e galega) e a Xunta arrinca este mes de maio na Pobra do Caramiñal, no Porto do Son e Portosín. Entre o 1 e o 15 de maio de 2026 desenvolverase nas ditas localidades esta iniciativa publicitaria-promocional da...
O Concello de Noia mellora o firme da rúa Pontevedra cun investimento de 30.000 euros
O Concello de Noia vén de iniciar os traballos de mellora do firme na rúa Pontevedra, unha actuación que conta cun investimento total de 30.000 euros e que será executada pola empresa local Pavimentos Noia SL. Dende o Goberno local explican que “esta intervención ten...
O Real Club Náutico Portosín acollerá o Campionato de España de ILCA Máster con figuras olímpicas da vela
O Real Club Náutico Portosín converterase do 8 ao 10 de maio no epicentro da vela nacional coa celebración do Campionato de España de ILCA Máster, unha cita que reunirá na ría de Muros e Noia a algúns dos mellores regatistas veteranos do panorama internacional. O...
O Concello de Noia remata as obras de saneamento separativo, subministro de auga e pavimentación na Albariza
O Concello de Noia vén de dar por rematadas as obras de instalación de saneamento separativo, pavimentación e dotación de subministración de auga para consumo doméstico no núcleo da Albariza, unha actuación que se desenvolveu ao longo dos dous últimos meses. O...
Queiruga celebra a cuarta Foliada dos Maios este venres a partir das 20h
A Asociación Folclórica Chorimas de Queiruga (Porto do Son) vai celebrar a festa do 1 de maio coa cuarta edición da Foliada dos Maios, organizada en colaboración co Concello do Porto Son. A cita será este venres 1 de maio a partir das 20.00 horas na Casa da Cultura de...
O Concello de Muros proxecta un parque interxeracional en Serres ao carón da nova Aula Sostible dos Outeiriños
O Concello de Muros ten listo un proxecto para construír un parque interxeracional na parroquia de Serres, que completará a Aula Sostible de Outeiriños, a antiga escola de Serres. O parque incluirá unha zona de descanso, pista polideportiva, zona de xogos infantil,...
O prazo de inscrición do Campamento de Verán de Outes remata este mércores 29
O Concello de Outes informou de que vén de entrar na recta final o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026 do Programa “Outes Concilia”, iniciativa para achegar ás veciñas e veciños recursos que lles permitan harmonizar a vida laboral e familiar en tempo...
A Escola de Música e Baile Tradicional de Outes brilla en Alcobendas (Madrid)
Esta pasada fin de semana, unha representación da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes, acompañada polo alcalde, Francisco Calo Abelleira, tivo a honra de participar no XXII Encontro de Gaitas e Baile Tradicional organizado pola Casa de Galicia en...
A Xunta estende o horario dos PAC aos sábados pola mañá e reforza o servizo con 211 novas prazas
A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia o decreto que amplía o horario dos puntos de atención continuada (PAC), que pasarán a prestar servizo tamén durante as mañás dos sábados co obxectivo de reforzar a continuidade asistencial na atención primaria....
José Antonio Vila Brión recibe a Medalla de Ouro do Concello do Son
A Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal de Porto do Son acolleu este luns 27 de abril o acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello a José Antonio Vila Brión, unha distinción coa que se recoñece a súa traxectoria e compromiso exemplares co municipio sonense. O...
A Xunta investiu máis de 475.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de cinco firmas turísticas do Barbanza
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou este luns 27 de abril o hotel Casa Jurjo que contou cunha achega autonómica de máis de 157.000 euros dentro da liña de subvencións para a mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de...
As obras de renovación integral da rúa Real de Muros entran na súa última fase
As obras de humanización e renovación dos servizos básicos da rúa Real de Muros avanzan a bo ritmo e comeza xa o terceiro e último tramo da actuación. Estes traballos contan cun orzamento de máis de 238.000 euros, segundo lembrou o Concello de Muros. Para minimizar as...
O Concello de Muros fai traballos de limpeza e roza no Ancoradoiro
O Concello de Muros proseguiu os días pasados co plan de mantemento das nosas zonas verdes, actuando nesta ocasión na contorna do Ancoradoiro. Dende a Concellería de Obras e Servizos estanse a levar a cabo tarefas de roza e limpeza co obxectivo de mellorar o estado...
Rematan este domingo 26 as Festas de San Marcos cun amplo programa de plans para gozar en familia
A vila de Noia celebra esta fin de semana unha nova edición das Festas de San Marcos, unha das citas máis destacadas do calendario festivo local, que este ano aposta por combinar a tradición máis arraigada con propostas renovadas para todos os públicos. As festas...
25 de abril hai 190 anos da creación dos concellos: da fragmentación á organización municipal moderna
A actual comarca da Barbanza e Muros Noia contaba con 32 concellos que se reducirían a 10. A configuración dos actuais concellos galegos, ten a súa orixe no século XIX, no contexto do paso do Antigo Réxime ao Estado liberal. O actual organigrama territorial ten a...
A Deputación da Coruña celebra o Día da Danza cun ciclo en O Porto do Son, Sada e Arzúa
A Área de Cultura da Deputación da Coruña conmemora o Día Internacional da Danza cun ciclo de actividades baixo o título “Facermos do corpo un poema”, que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de abril en tres concellos da provincia: O Porto do Son, Sada e Arzúa. A...
Ribeira resulta beneficiaria dunha subvención para o obradoiro dual de emprego Tahume XI, no que volve traballar co Concello do Son
O obradoiro dual de emprego Tahume XI desenvolverase novamente por parte do Concello de Ribeira, en asociación co de O Porto do Son, despois de que a Administración local ribeirense recibise nesta semana a resolución conforme é beneficiaria dunha subvención por...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Poder morir en paz”. José Fernández Lago
Los seres humanos tratamos de vivir en paz, echando mano de las posibilidades que tenemos a nuestro alcance. Por ello usamos de lo que tenemos cerca, o buscamos lo que está más lejos, todo para lograr salud, paz y alegría en nuestra vida. Sin embargo, hay algo que nos...
“Yolanda de Sarria”. Xulio Xiz
Yolanda Díaz Gallego, Yolanda de Sarria, 92 anos, é historia viva de Galicia e da galeguidade no Uruguay. Vive entre Sarria e Barcelona, e posúe unha enerxía moza que emociona e que conquista. Ela e Palmira, súa irmá – sólida formación, seriedade e traballo –...
“Sen discusión: Ceuta e Melilla son españolísimas”. Antón Luaces
A frase é da ministra de Defensa, Margarita Robles. E ven ser un muro diante das moitas suspicacias xurdidas a partir da entrada ilegal en Ceuta de máis de 80.000 migrantes na súa maior parte marroquís. E ten motivos a ministra Robles para proclamar a...
“Fotograma a fotograma para penetrar en el alma de la Compostela eterna”. Javier García Sánchez
Finalizaba la década de los años 70 cuando conocí a Tino Martínez. En su manosiempre una cámara de fotos para plasmar, en aquel blanco y negro tan difícil de tratar,cualquier cosa que tuviese relación directa con la Compostela que le vio nacer aprincipios de la década...
“A desigualdade mata” – José Manuel Pena
Algúns datos estatísticos son verdadeiramente arrepiantes. No planeta morren ao ano, por causa da desigualdade social, nos países occidentais máis dun millón e medio de persoas. Parece incrible que presumamos de sociedades avanzadas, mentres hai moitas familias que...



























