Este domingo, concerto de CantaparaNoia na Igrexa de Santa María A nova

05 Xuño 2026

Este domingo 7 de xuño ás 20:30 horas, a Igrexa de Santa María A Nova acollerá un concerto coral da man dos veciños e veciñas da agrupación coral CantaparaNoia baixo a dirección de Ramón Bermejo.

Será, en palabras do Concello, “dunha oportunidade única para desfrutar dun repertorio diferente nun dos lugares máis emblemáticos da nosa vila, onde a música e o patrimonio se unirán para crear unha fantástica experiencia”.

CantaparaNoia é un coro moderno orixinario de Noia fundado e dirixido polo músico e profesor Ramón Bermejo.

O seu repertorio afástase da coral tradicional e inclúe versións de pop, rock, jazz, swing e góspel. Soen realizar actuacións xunto a outros coros dirixidos por Bermejo, como o Coro da Ra e o OMM Carlos Barruso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.