O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

05 Xuño 2026

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición.

“Volvemos á carga coa II Andaina Nocturna de Nebra, unha noite para camiñar, rir, pasar medo, percorrer os camiños da parroquia e vivir unha experiencia chea de emoción e inesquecible”, sinalan dende a organización.

Respecto das normas, está prohibido o uso de lanternas, xa que non se trata de “iluminar os camiños nin a estragar sorpresas”, engaden.

O que si que cómpre levar para participar na Andaina é o seguinte: “Traer ganas de pasalo ben, deixar os medos na casa e virmos preparados para levar algún susto”, sinalan dende a Comisión de Festas de Nebra (coa colaboración do Concello do Son).
As prazas son limitadas.

Ao remate do percorrido haberá petiscos e música a cargo de DJ Cobas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.