Este sábado celébrase o VIII Triatlón Mar de Muros

04 Xuño 2026

O Concello de Muros presentou a VIII edición do Triatlón Mar de Muros. Trofeo Iván Raña, que se celebrará este sábado 6 de xuño coa participación de máis de 140 atletas.

Participaron na presentación a alcaldesa de Muros, María Lago; o concelleiro de Deportes, Damián Torea, e Francisco Abelardo Lestón Lago, técnico de Deportes do concello.

A proba comezará ás 17:00 horas na dársena diante do concello e será de 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros correndo.

“Estamos ante un circuíto de calidade para o disfrute dos participantes nun entorno moi atractivo para a práctica deportiva”, asegurou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, que destacou “que a proba xa está consolidada no calendario galego do triatlón”.

Pola súa banda, a alcaldesa, María Lago, amosou a súa satisfacción “polo número de participantes inscritos”, convidando á veciñanza “a animar aos atletas polas rúas de Muros, xa que é ademais unha proba moi dinámica e visual”.

Información práctica

-Estará prohibido o estacionamento desde as 08:00 horas do venres, 5 de xuño, ata as 19.30 horas do sábado na zona portuaria de Muros.

-A estrada comarcal AC550 permanecerá cortada ao tráfico entre os puntos quilométricos 40,500 a 36,800 en dirección Muros – Cee, puntos que se corresponden coa zona da lonxa vella (Muros) e co cruce do convento de Louro, entre as 16:45 e as 18:30 horas do sábado.

-Estará todo debidamente sinalizado

-A proba está organizada polo Concello de Muros e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI), coa colaboración da Policía Local de Muros; Protección Civil de Muros; Garda Civil Muros; Brigada de Obras; GES Muros; persoal da área de Deportes e clubs locais; Secretaría Xeral para o Deporte, e Universidade de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.