Máis de medio cento de persoas percorre o Camiño de Muros Noia entre Fontefría e Bertamiráns co Club de Xubilados de Lousame

08 Xuño 2026

Algo máis de medio cento de persoas participaron onte domingo na segunda etapa das andainas polo Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia organizadas polo Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello lousamiá. Unha ruta que discorreu entre Fontefría e Bertamiráns, coa praza de Portobravo como punto de encontro para a saída e chegada do autobús.

O tempo acompañou e a andaina arrincou guiada polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, quen estivo asistido polo técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, e varias persoas integrantes do voluntariado lousamiá. Unha etapa á que se sumaron Francisco Avelino García e Isabel González, presidente e vicepresidenta do Club de Xubilados de Lousame; así como José Antonio Ces, concelleiro de seguridade viaria, e Yésica Fernández Míiguéns, concelleira de Protección Civil. Tecnicamente foi a etapa máis sinxela, pois foi un percorrido practicamente chan ou con pendentes descendentes.

Derradeira etapa

Así mesmo, o Club de Xubilados de Lousame abriu este luns 8 de xuño pola mañá as inscricións na derradeira etapa, que terá lugar o domingo 14 de xuño, entre Bertamiráns e a praza do Obradoiro: 14 quilómetros de dificultade media, xa que hai algunha subida á entrada de Compostela.

As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un whatsapp ao 653 22 16 55. O prezo por participar é de 5 euros, para custear autobús que levar aos camiñantes da praza Teodomiro Hidalgo ata a praza Rego do Ameneiral (Bertamiráns) e de volta dende Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.