O BNG de Outes propón a creación dunha FP sociosanitaria para fomentar emprego e oportunidades para a mocidade

10 Xuño 2026

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Outes presentou no último pleno municipal unha moción para impulsar a creación dun ciclo de Formación Profesional de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no instituto do concello. A iniciativa pretende ampliar a oferta educativa e dar resposta ás necesidades dunha poboación cada vez máis envellecida.

A través desta proposta, a formación nacionalista busca instar á Consellería de Educación a estudar a implantación destes estudos en Outes, co obxectivo de xerar novas oportunidades académicas e laborais, especialmente para a mocidade.

O voceiro do BNG local, Anxo Núñez, subliñou que esta formación representa “unha aposta de futuro”, tanto pola crecente demanda de profesionais no ámbito sociosanitario como polas posibilidades de inserción laboral que ofrece. Ademais, destacou a importancia de facilitar que a mocidade poida formarse sen ter que desprazarse a outros municipios.

Desde o BNG sinalan que a realidade demográfica de Outes fai necesario anticiparse ás necesidades de coidado das persoas maiores e dependentes. Neste sentido, Núñez puxo en valor a futura residencia impulsada pola asociación Adibismur como unha oportunidade laboral relevante para o alumnado que curse esta formación.

A formación nacionalista lembrou tamén que esta proposta se enmarca nunha liña de traballo continuada para ampliar a oferta formativa no municipio, na que xa defenderon anteriormente a incorporación doutros ciclos de FP vinculados á carpintería da madeira e á carpintería metálica.

Porén, a moción non contou co apoio do goberno municipal encabezado por Fran Calo nin do concelleiro tránsfuga, que votaron en contra durante o pleno. Desde o BNG lamentaron esta decisión e aseguraron que continuarán traballando para sacar adiante a iniciativa.

Finalmente, o grupo nacionalista anunciou que levará esta proposta ao Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta a posta en marcha do ciclo formativo. “Outes non pode quedar atrás na planificación da oferta educativa que precisa a nosa comarca”, concluíu Anxo Núñez.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.