COGAMI alerta de demoras de ata 3 anos na valoración da discapacidade en Galicia

09 Xuño 2026

COGAMI celebrou este martes 9 de xuño en Santiago de Compostela a súa XXXVI Asemblea Anual, o máximo órgano de decisión da organización, no que participaron membros da xunta directiva (incluído o presidente da entidade, Anxo Queiruga, natural do Porto do Son) e membros das entidades que forman parte do movemento asociativo.

Nesta sesión, presentáronse as actividades desenvolvidas ao longo do último exercicio, as contas de resultados da organización e o plan operativo previsto para este ano. Na quenda de  rogos e preguntas, abordouse unha das cuestións que máis preocupación está a xerar entre as persoas con discapacidade e as súas familias e que están a trasladar ás entidades: a demora nos procesos de valoración da discapacidade.

As catro Federacións Provinciais de COGAMI trasladaron “a existencia de esperas que, nalgúns casos, poden chegar ata os tres anos para obter unha cita cos Equipos de Valoración e Orientación da Discapacidade (EVO)”. Engadiron que “a pesar de que a Xunta anunciou recentemente o reforzo destes equipos con máis persoal, a realidade que chega ás entidades é que moitas persoas denuncian a longa espera para realizar a entrevista necesaria para a obtención ou revisión do seu certificado de discapacidade”.

E apuntaron: “Dende COGAMI advertimos que estes atrasos teñen consecuencias directas na vida das persoas afectadas. Non contar cunha valoración ou cunha revisión do grao de discapacidade en tempo e forma limita o acceso a dereitos, recursos e servizos fundamentais, dificultando cuestións tan relevantes como a incorporación ao mercado laboral, o acceso á educación, á accesibilidade, á atención sanitaria ou ás prestacións destinadas a compensar situacións de desigualdade”.

“O certificado de discapacidade é a porta de entrada a dereitos, recursos e prestacións. Retrasar a súa concesión significa retrasar tamén a igualdade de oportunidades das persoas”, declaraba o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

Ante esta situación, COGAMI solicitará unha reunión coa Consellería de Política Social e Igualdade co obxectivo de “coñecer as medidas que se están a adoptar e trasladar propostas que permitan axilizar os procedementos de valoración e revisión da discapacidade, garantindo unha atención áxil e acorde ás necesidades das persoas solicitantes”.

Decreto de Accesibilidade

Outra das demandas trasladadas durante a Asemblea de COGAMI foi a necesidade de aprobar o decreto que desenvolva a Lei de Accesibilidade de Galicia, en vigor dende 2014. A entidade considera este regulamento “imprescindíbel para garantir o exercicio efectivo dos dereitos das persoas con discapacidade” e lembra que “este decreto tería que estar desenvolvido no prazo máximo de dous anos dende a entrada en vigor da lei, polo que leva xa 10 anos de atraso”.

COGAMI recorda tamén que “a lei establece os principios xerais en materia de accesibilidade, pero carece do desenvolvemento técnico necesario para garantir a súa aplicación práctica”. Engade que “este regulamento de desenvolvemento e o código de accesibilidade constitúen dúas ferramentas fundamentais para concretar os requisitos que deben cumprir edificios, espazos públicos, medios de transporte e servizos, facilitando o seu cumprimento por parte das administracións e do sector privado”.

Transporte público

Outro dos asuntos tratados durante a XXXVI Asemblea Anual de COGAMI foi sobre a falta de transporte accesíbel, en palabras da organización “unha problemática que continúa limitando a autonomía e a participación social de moitas persoas con discapacidade, especialmente das usuarias de cadeira de rodas”.

Explicouse a xuntanza que “a insuficiente cobertura do transporte público colectivo obriga a moitas persoas a depender do taxis para acudir a consultas médicas, realizar trámites administrativos ou levar a cabo actividades cotiás tan básicas como facer a compra ou acudir a unha entidade bancaria; a realidade é que os municipios carecen de vehículos adaptados, limitando a mobilidade destas persoas”.

“Estamos totalmente en desvantaxe as persoas con mobilidade reducida”, expresou Anxo Queiruga. “Dende COGAMI cremos que as licenzas de taxis novas que se adxudiquen deben de ser para eurotaxis así como a renovación das flotas, que os vehículos se vaian substituíndo por uns que estean adaptados”. 

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.