O Concello de Muros inaugura o obradoiro de emprego que promove coa colaboración do Concello de Carnota

05 Xuño 2026

O Concello de Muros inaugurou este venres 5 de xuño o obradoiro dual de emprego Oe Monte Feixa, que promove coa colaboración do Concello de Carnota.

Desde este 5 de xuño, 13 alumnos e alumnas de Muros e 7 de Carnota participan neste programa mixto de emprego e formación para mellorar a súa empregabilidade.

“Durante os próximos nove meses, recibirán formación e desenvolverán tarefas profesionais remuneradas, ademais de obter unha capacitación profesional que lles permitirá optar a postos de traballo”, asegurou a alcaldesa de Muros, María Lago, que asistiu este venres 5 á inauguración do obradoiro na antiga fábrica de Sel xunto ao alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido; Javier Campa, da Consellería de Emprego da Xunta, e os gobernos locais de Muros e Carnota.

En Muros, concello promotor do obradoiro, impartiranse dous módulos de Aproveitamentos forestais e xestión da biomasa forestal e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

“Os concellos non temos competencias directas en materia de emprego, pero debemos organizar e xestionar actividades de formación que impulsen a inserción laboral da nosa veciñanza”, explicou a alcaldesa de Muros, María Lago, engadindo que “é unha satisfacción acoller este obradoiro”.

“Levar a cabo este tipo de formacións é o resultado dun traballo e un gran esforzo económico e humano desde as administracións implicadas”, apuntou a alcaldesa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.