O director Pedro Díaz presenta en Outes o filme “Un deus que non baila”

04 Xuño 2026

O concello de Outes, concretamente a contorna da Igrexa de San Xoán de Roo, acolleu este xoves 4 de xuño a presentación do filme Un deus que non baila (anteriormente titulado Serenade), longametraxe dirixida polo amesán Pedro Díaz, e con María Vázquez e Bruna Cusí nos papeis protagonistas, que participaron no acto de presentación xunto co conselleiro de Cultura e Lingua, José López Campos, o alcalde de Outes, Francisco Cole, o alcalde de Ames, Blas García, e o director da axencia autonómica AGADIC, Jacobo Sutil. Trátase da ópera prima do director e guionista galego Pedro Díaz.

Durante a visita realizouse un percorrido polo set de rodaxe, onde lles explicaron ás/os autoridades presentes o traballo que se está a desenvolver, e mantiveron un encontro co director, Pedro Díaz, co elenco artístico e co equipo de produción. Tamén estiveron presentes David Casas (Salón Indien Films), Daniel Froiz (Matriuska Producciones) e Marina López, produtora executiva da longametraxe.

Dita visita tivo lugar na Igrexa de San Xoán de Roo (no concello de Outes), xa que foi neste senlleiro edificio onde se desenvolveu a rodaxe deste xoves. Durante os vindeiros días a rodaxe trasladarase ao Val da Maía, onde se rodarán varias secuencias do filme, que comezou a gravarse a mediados do mes de maio. Conta co financiamento do ICAA, do AGADIC, co apoio ao desenvolvemento da Comunidade de Madrid, e coa participación de RTVE e Movistar+.

Na súa intervención José López Campos situou Galicia como “epicentro audiovisual tanto desde o punto de vista artístico e de dotación de recursos tecnolóxicos, como de potencial paisaxístico e patrimonial para ser escenario de filmación”.

Tamén lembrou que a longametraxe recibiu 350.000 euros da liña de subvencións para a atracción de rodaxes convocada pola Xunta.

López Campos destacou “a elevada actividade do sector que vive estes días a Comunidade autónoma, coa acollida simultánea de gravacións de varios proxectos audiovisuais con equipos creativos e técnicos maioritariamente galegos”.

Sinalou tamén que o Diario Oficial de Galicia publica este xoves 4 de xuño unha primeira quenda de adxudicacións das axudas dotadas este ano con 3M€ para a captación de rodaxes, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder 2021-2027 da Unión Europea. Ademais de Un deus que non baila, filme presentado baixo o título de Serenade por unha unión de empresas da que forma parte a produtora pontevedresa Matriuska, outras dúas longametraxes reciben subvención por esta canle, aberta ata o mes de outubro: Sin huella, de Vaca Films, e Dímelo con besos, de Vaca Docs.

Pola súa banda, o alcalde de Ames, Blas García, salientou que “Ames conta con grandes profesionais do audiovisual, como é o caso de Pedro Díaz, que está gravando estes días a súa primeira longametraxe, despois do éxito conseguido coa curtametraxe La Entrega, coa que estivo nomeada aos Premios Goya, na categoría de Mellor Curtametraxe de Ficción no ano 2023”.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, destacou “o compromiso do Concello co desenvolvemento dos proxectos que participaron no Ames AV LAB. Para nós é unha satisfacción comprobar como estes proxectos avanzan cara á súa materialización, especialmente aqueles que apoiamos dende o inicio con iniciativas como o Ames AV Lab”.

Ademais, o director e guionista Pedro Díaz dixo que “nesta longametraxe abórdanse as novas formas de familia, que xa se estaban xerando naquela época da Galicia rural dos 90, e da tradición relixiosa que nos afecta e nos impregna culturalmente”. Ademais, explicou que “son seis semanas de rodaxe e xa estamos na cuarta semana. Agardamos que o filme se poida estrear en 2027, pero dependerá das estreas a nivel nacional”.

Drama familiar luminoso

Un deus que non baila preséntase polos seus creadores como un “drama familiar luminoso”. O director inspírase en vivencias da súa infancia para dirixir e compoñer unha historia que ten, ademais, nas localizacións do Val da Maía a contorna idónea para a súa rodaxe.

As actrices María Vázquez e Bruna Cusí protagonizan unha trama que ten lugar na Galicia rural dos 90, cando María (atea e nai solteira) quere cumprir o derradeiro desexo da súa nai: ver á súa neta Lola (que non vai á igrexa desde o bautismo) facendo a primeira comuñón. O reparto complétase con outros nomes coñecidos e novas caras do audiovisual galego, tales como Ana Santos, Irea Chouza, Julia Pazo, Elvira Gestoso, Servia, Mario Beramendi, Miguel de Lira e Manuel Fonseca.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...