O Son celebrou cunha gran festa a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES

07 Xuño 2026

Este sábado 6 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Porto do Son, un evento emotivo no que participaron estudantes, familias, profesorado e representantes institucionais.

O acto contou (entre outros membros do Concello e da Corporación) coa presenza do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, que aproveitou a ocasión para felicitar aos estudantes por concluír esta etapa formativa.

O rexedor animou ao alumnado a afrontar con ilusión este novo período, xa sexa no ámbito universitario, na formación profesional ou noutras traxectorias, e lembroulles que levarán sempre consigo as súas raíces en Porto do Son, “unha terra que forma persoas con humildade, esforzo e compromiso”.

Outros artigos

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.