“A Berberechiña” tinguirá o 13 de xuño o Campo da Feira de Noia: Tortilla, foliada e concertos para celebrar a diversidade

04 Xuño 2026

O Campo da Feira de Noia converterase o vindeiro 13 de xuño nun espazo de encontro, música e convivencia coa celebración da primeira edición de A Berberechiña, a Festa da Diversidade, unha proposta que mestura gastronomía, actividades participativas e concertos gratuítos ao longo de toda a xornada.

O Concello de Noia presentou esta mañá a programación dun evento pensado para atraer á veciñanza durante todo o día. A concelleira de Cultura, Chelo Martínez, explicou que o obxectivo é ofrecer unha experiencia completa e accesible: “Queremos que a xente veña desfrutar da sesión vermú, do picnic, da Festa da Tortilla e de todas as propostas que temos preparadas antes de chegar aos concertos da noite”.

A xornada arrancará pola mañá coa lectura do manifesto e continuará coa sesión vermú. Ao mediodía, o público poderá participar no maripicnic e na Festa da Tortilla, que nesta primeira edición terá carácter solidario en beneficio de Cruz Vermella Noia.

Xa pola tarde, o programa inclúe actividades infantís, baile, unha foliada aberta e un Maribingo musical, antes de dar paso ao tramo final da celebración.

A partir das 20:00 horas, o escenario acollerá os concertos de Jerry Noia Jukebox, Montedapena e Hydn. A programación musical comezará coa actuación do noiés Jerry Noia, que ofrecerá un repertorio de versións, nunha noite que converterá o Campo da Feira nun espazo de concertos ao aire libre.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, destacou a colaboración entre entidades para facer posible esta primeira edición e agradeceu especialmente a implicación de Cruz Vermella Noia na organización da Festa da Tortilla solidaria. “É unha satisfacción poder contar coa súa cooperación nun evento que busca unir á xente arredor da música, da convivencia e da participación”, sinalou.

Desde o Concello animan á veciñanza a acudir con familia e amizades para desfrutar dunha xornada aberta e inclusiva na que todo o mundo é benvido.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.