O Auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal vai acoller este mércores 27 de maio ás 12.00 horas a presentación do libro Nenapingüín, obra gañadora do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025, escrita por Daniel...
O Arquivo Municipal de Ribeira incorpora aos seus fondos un diploma de Salvamento de Náufragos datado en 1911
Un novo ben documental incorpórase ao fondos do Arquivo Municipal de Ribeira. Trátase dun diploma da Sociedade Española de Salvamento de Náufragos datado en 1911 que outorga a medalla de bronce de premio a favor de Epifanio Ventoso, patrón da dorna Sola polo...
O BNG, o PSOE e Sumar acadan un acordo para desbloquear o traspaso da AP-9
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, informou este 25 de dun importante principio de acordo co grupo socialista para tramitar definitivamente a lei de transferencia a Galiza da AP-9. Explicou que se fará por medio "dunha emenda transaccional" que respecta...
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de xuño
A Aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de xuño. As inscricións para participar deben facerse mediante os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139. Os cursos que se van desenvolver no mes de xuño son Retoque de...
O Auditorio de Rianxo acolle este venres a proxección da curta “Píllara, a última píllara das dunas”
Este venres 29 de maio proxectarase no Auditorio de Rianxo a curtametraxe Píllara, a última píllara das dunas, dirixida polo rianxeiro Amancio Losada Vicente con música de Aida SAco Beiroa. A cita será ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Sinopse Píllara...
Juan Galán presenta en Rianxo o libro no que documenta a resistencia antifascista de Joaquín Fernández Millán, exiliado republicano da Pobra
Este xoves 28 de maio o escritor Juan Galán vai presentar en Rianxo, no Auditorio Municipal, o libro Rotspanier (Galaxia), a historia dun exiliado republicano do Barbanza en Francia que fuxiu de Franco para caer nas mans de Hitler. Intervirán Juan Galán, autor, Néstor...
A Rampla Vella de Rianxo converteuse nunha festa da cultura mariñeira tradicional coa botadura de “Fasquía”
Este domingo 24 de maio celebrouse no porto de Rianxo a botadura oficial da dorna Fasquía, un acto organizado pola Asociación Cultural Setefoghas no que participaron as e os integrantes da entidade, o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, e o artista David Cuence,...
A Pobra despide ás Misioneiras do Divino Mestre cun acto institucional e unha nova etapa para o centro
A Arquidiocese de Santiago de Compostela renderá homenaxe este luns 25 ás Misioneiras do Divino Mestre na Pobra do Caramiñal cun acto institucional que coincidirá co traspaso da xestión do Colexio e do CFP á Fundación Educativa Utrera. O programa inclúe unha misa na...
Máis de 350 persoas participan na X Andaina Solidaria de Congalsa na Pobra do Caramiñal
Máis de 350 persoas secundaron a X Andaina Solidaria organizada por Congalsa, celebrada na mañá deste domingo no municipio pobrense. A participación combinou tanto a modalidade presencial como a virtual, a través do denominado dorsal 0. Traballadores e directivos da...
A campaña “Compras con Corazón” pechou en Boiro cunha multitudinaria festa final e o sorteo presencial de 2.000 euros en premios
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrou este sábado 23 de maio a gran festa final da campaña Compras con Corazón, unha iniciativa que durante as últimas semanas dinamizou o comercio local de Boiro premiando as compras realizadas nos establecementos asociados....
Boiro acolle ‘Interdependencias’, un proxecto que une baile, arte e comunidade
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional e a entidade Concomitentes celebraron este sábado en Boiro unha xornada aberta ao público no marco do proxecto ‘Interdependencias’, unha iniciativa que quere reforzar os vínculos sociais, artísticos e de coidado...
Ribeira oferta 100 prazas para os cursos en liña de Mocidade Formada
Ribeira abre o prazo de inscrición para os cursos en liña de Mocidade Formada O Concello de Ribeira abriu o prazo de inscrición para os cursos en liña do programa Mocidade Formada, unha proposta dirixida á mocidade maior de 16 anos que busca facilitar a...
Boiro: evacúan en helicóptero a un operario tras caer desde un andamio
Un operario foi trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago despois de caer a un patio interior mentres traballaba nun andamio na fachada dun edificio de Boiro. O accidente produciuse na rúa do Estatuto de Galicia e o ferido permaneceu inconsciente ata a...
A Feira de Vehículos Híbridos e Eléctricos de Ribeira celebrarase entre o 12 e o 14 de xuño e estreará espazo de foodtrucks con produtos do mar
A Asociación de Empresarios de Ribeira avanzou este venres 22 de maio os detalles da vindeira edición da Feira de Vehículos Híbridos e Eléctricos, que terá lugar na praza de España de Santa Uxía os días 12, 13 e 14 de xuño, achegando novamente unha oportunidade para...
Conta atrás para o inicio da X Andaina Solidaria de CONGALSA, este domingo dende a praza Segundo Durán da Pobra
Comezou a conta atrás para a X Andaina Solidaria de CONGALSA, que se celebra este domingo 24 de maio a partir das 9.30 horas, reunindo numerosas persoas nunha xornada de deporte, convivencia e compromiso social. No percorrido organizado pola empresa da Pobra...
A oposición de Ribeira pedirá no pleno a restauración inmediata do monumento pola memoria dos represaliados polo fascismo na Guerra Civil
Os grupos da oposición da Corporación de Ribeira (BNG, PSdG e concelleiros non adscritos) adheríronse á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza para reclamar ao Concello a restauración urxente do monumento de lembranza ás vítimas da represión...
O Concello de Ribeira homenaxea a unha trintena de traballadores municipais polos seus 25 anos de servizo
Con motivo de Santa Rita, patroa do persoal da Administración local, o Concello de Ribeira quixo render homenaxe a unha trintena de traballadores municipais que levan prestando servizo 25 anos en distintos departamentos; algo que non se facía dende o 2018. Por tal...
A campaña “Compras con Corazón” despídese este sábado cunha gran festa final e o sorteo presencial de 2.000 euros
Celebración final da campaña do ano pasado A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrará este sábado a gran festa final da campaña Compras con Corazón, unha iniciativa que durante semanas dinamizou o comercio local de Boiro premiando as compras realizadas nos...
O PSOE de Rianxo pide retirar a proposta de Ordenanza de Convivencia para abrir “un proceso real de diálogo coa veciñanza”
O PSOE de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, emitiu un comunicado no que mostra a súa postura sobre a Ordenanza de Convivencia. No escrito o grupo recoñece que considera "necesario" abrir "un debate serio sobre a convivencia cidadá" e "dotar ao Concello de...
O presidente da RAG, o muradán Henrique Monteagudo, adhírese aos recoñecementos a Quico Domínguez
Reproducimos aquí o texto de adhesión do presidente da RAG, Henrique Monteagudo, á iniciativa veciñal para recoñecer o legado e a memoria de Quico Domínguez en Ribeira. Tiven a enorme fortuna de coñecer a Francisco Quico Domínguez e mesmo de compartir con el distintas...
O CEIP O Grupo celebrou as Letras Galegas con música, xogos e obradoiros
O pasado venres 15 de maio os exteriores do CEIP O Grupo de Ribeira convertéronse nunha gran festa da cultura coa celebración do Día das Letras Galegas impulsada pola ANPA Santa Uxía. As actividades celebráronse durante toda a tarde e o serán, de 17.00 a 21.00 horas e...
O Concello de Ribeira explica o proxecto de carril bici entre Coroso e Palmeira ás vivendas afectadas
O Goberno municipal de Ribeira reuniuse na tarde deste 21 de maio cos propietarios dos domicilios afectados polo proxecto da construción do carril bici entre Coroso e Palmeira. Esta infraestrutura partirá do existente no paseo marítimo de Coroso para finalizar á...
Corrubedo acollerá este sábado 23 de maio unha xornada divulgativa sobre biodiversidade en espazos protexidos
O Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán celebrará o sábado 23 de maio de 2026 unha xornada divulgativa baixo o lema “Ver para comprender: investigando a biodiversidade nos espazos protexidos de Galicia”. A actividade terá lugar...
A Pobra convoca unha reunión para captar locais comerciais ao programa municipal EMPRENDECO-POBRA
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará o vindeiro 28 de maio unha reunión informativa dirixida a persoas propietarias de locais comerciais e inmobiliarias interesadas en participar na bolsa municipal de baixos do programa “EMPRENDECO-POBRA”, unha iniciativa...
A Xunta presenta en Ribeira o 1º censo do patrimonio marítimo de Galicia, que documenta case 1.500 bens no noso litoral
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, xunto co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron este xoves 21 de maio na presentación oficial do primeiro Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia e dos Espazos de Interese Cultural...
O BNG de Boiro di que o Goberno local “incumpre” o acordo plenario para o arranxo do Campo de Bealo
O BNG de Boiro emitiu un comunicado no que sostén que o Goberno local "incumpriu o acordo plenario para o arranxo do Campo de Bealo un ano despois da súa aprobación. O proxecto, lembran, foi aprobado no seu día por unanimidade. Incluía o arranxo da dita instalación...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Que ninguén quede sen alternativa habitacional” – Antón Luaces
De se cumprir as previsións,antes de que remate este verán vai ser presentada á súa aprobación polo Congreso dos Deputados un decreto lei que, segundo SUMAR, prorrogará o alugueiro de vivendas ata o ano 2028 e negociará medidas antidesafiuzamento. Os membros de SUMAR...
“Non vexo bicis…” – Xulio Xiz
Non vexo bicis… Desde o meu retiro estival, cito de memoria a Cunqueiro. Comezaban os anos sesenta, cando o Camiño Francés a Compostela era só unha lembranza e aínda o seu resucitador, Victor Portomeñe, con vintetantos anos, andaba por Chantada labrándose o...
“LA ITV, además de obligatoria, salva vidas en la carretera”. Javier García Sánchez
Demasiados automovilistas- cerca del 30% - no pasan la norma reguladora de revisión técnica de su automóvil Las épocas veraniegas son una buena ocasión para que, además de poner a punto el vehículo que vamos a utilizar para nuestros desplazamientos, pasemos la...
“Periodismo cara y cruz” – Manuel Domínguez
Periodismo cara y cruz. Hoy como ayer. Han publicado un artículo de Arcadi Espada donde se comenta la derrota de la selección española en el Mundial. Se ve que había mandado dos versiones, una por si ganaba la selección y otra por si perdía y han publicado por error...
“Un balón para moitas mans nos anos 60”. Antón Luaces
"O xornal de maior tiraxe de Galicia publicou días pasados unha reportaxe sobre o balonmán en Ribeira sentando as bases do nacemento desta modalidade deportiva nos anos 80 do século pasado cando, na realidade, a explanada do Malecón -o seu cemento vivo levantando a...



























