A Pobra despide ás Misioneiras do Divino Mestre cun acto institucional e unha nova etapa para o centro

24 Maio 2026

A Arquidiocese de Santiago de Compostela renderá homenaxe este luns 25 ás Misioneiras do Divino Mestre na Pobra do Caramiñal cun acto institucional que coincidirá co traspaso da xestión do Colexio e do CFP á Fundación Educativa Utrera. O programa inclúe unha misa na igrexa do Deán e, posteriormente, un acto no Teatro Elma, coa participación do arcebispo de Santiago e do alcalde do municipio.

A homenaxe celebrarase o 25 de maio de 2026 e arrincará ás 18.30 horas cunha santa misa presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández, na igrexa do Deán. Ás 19.30 horas terá lugar o acto institucional no Teatro Elma, presidido polo alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal Suárez.

A convocatoria destaca que o recoñecemento se celebra “polo seu labor e servizo na Pobra do Caramiñal” , nun contexto marcado por “a alegría dunha historia de fidelidade e a esperanza dun novo comezo”. Ao rematar o acto, ofrecerase un viño de honra.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...