Boiro acolle ‘Interdependencias’, un proxecto que une baile, arte e comunidade

23 Maio 2026

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional e a entidade Concomitentes celebraron este sábado en Boiro unha xornada aberta ao público no marco do proxecto ‘Interdependencias’, unha iniciativa que quere reforzar os vínculos sociais, artísticos e de coidado no Barbanza a través da cultura e da participación cidadá.

O encontro desenvolveuse na rúa Doutor Santos Mieites e serviu como presentación dun proceso colaborativo que pretende transformar a contorna desde a arte. A proposta puxo o foco na inclusión e no carácter comunitario, cunha programación na que o baile e a expresión colectiva tiveron un papel central.

Conversa sobre futuro e desexos

A xornada comezou cunha mesa redonda dirixida ás familias e á veciñanza, na que participaron Fran Quiroga, director de Concomitentes; Natalia Balseiro, mediadora; Manu Mimé, responsable de Arte de Ambar; a presidenta da entidade, Milagros Rey Pérez; e tamén os comitentes e usuarios Moisés Calvo e Sonia Alonso.

Durante a conversa, Natalia Balseiro chamou a implicación da cidadanía e subliñou a vontade de abrir o proxecto á participación social. Pola súa banda, Moisés e Sonia compartiron os avances do proceso e algunhas das súas inquedanzas persoais, cun interese especial pola natureza e o patrimonio local.

Manu Mimé destacou o labor social de Ambar e puxo o acento nas barreiras ás que se enfrontan moitas persoas con diversidade funcional no seu día a día. Sinalou que o obxectivo da entidade é favorecer a autonomía e facer realidade os desexos e necesidades básicas das persoas usuarias.

Baile e celebración

Tras a parte máis reflexiva, o encontro adquiriu un ton festivo coa proposta ‘Ghastas Pista RPM’, dirixida por Caterina Varela e Félix Fernández, do Colectivo RPM, e amenizada pola música de Rey DJ. A rúa converteuse entón nun espazo de celebración compartida, no que o baile serviu como ferramenta de encontro e cohesión.

A xornada pechouse cunha entrega de premios, coa presenza da concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral, e cun vermú popular que prolongou o ambiente de convivencia entre participantes e asistentes.

Un proxecto con proxección

Desde Concomitentes, Fran Quiroga agradeceu o apoio da cidadanía e defendeu o valor dos proxectos que apostan por construír futuro desde a inclusión. Con esta primeira cita en Boiro, ‘Interdependencias’ consolídase como unha proposta que combina arte, participación e comunidade para avanzar cara a unha sociedade máis aberta e conectada.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.