A Rampla Vella de Rianxo converteuse nunha festa da cultura mariñeira tradicional coa botadura de “Fasquía”

24 Maio 2026

Este domingo 24 de maio celebrouse no porto de Rianxo a botadura oficial da dorna Fasquía, un acto organizado pola Asociación Cultural Setefoghas no que participaron as e os integrantes da entidade, o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, e o artista David Cuence, responsábel do pintado da embarcación.

O acto, celebrado na Rampla Vella de Rianxo ao mediodía, tamén contou coa presenza de veciños e das tripulacións doutras embarcacións tradicionais de Rianxo e a contorna (contouse cunha delegación da Real e Ilustre Confraría da Dorna de Ribeira), así como os e as deportistas do Club de Remo, que alzaron os remos en sinal de respecto e celebración. Tamén houbo música da man de Ten Quirisio dende o barco Santa Cruz de Bluscus. Contouse co apoio da Confraría de Pescadores de Rianxo.

O rexedor Julián Bustelo sinalou que a botadura converteu a xornada do domingo “nun día feliz para o noso patrimonio cultural no que sumamos unha nova embarcación tradicional no noso mar”.

A xornada converteuse nun encontro de celebración da cultura mariñeira e das embarcacións tradicionais galegas. Trala botadura as persoas asistentes puideron gozar dunha navegación pola ría de Arousa a bordo de distintas embarcacións. A festa completouse cunha actuación do grupo musical Ten Quirisio e un momento de peche para os socios con petiscos.

A asociación

Setefoghas é unha asociación cultural de Rianxo comprometida coa recuperación e difusión do patrimonio mariñeiro e cultural galego. Entre as súas actividades destacan “a navegación en embarcacións tradicionais, a promoción da lingua e cultura galegas e a organización de eventos de ámbito local e comarcal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...