O PSOE de Rianxo pide retirar a proposta de Ordenanza de Convivencia para abrir “un proceso real de diálogo coa veciñanza”

22 Maio 2026


O PSOE de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, emitiu un comunicado no que mostra a súa postura sobre a Ordenanza de Convivencia. No escrito o grupo recoñece que considera “necesario” abrir “un debate serio sobre a convivencia cidadá” e “dotar ao Concello de ferramentas útiles para responder a determinadas problemáticas que existen no espazo público”. Porén, os socialistas consideran que “a proposta presentada polo Goberno de Julián Bustelo nace cunha importante falta de diálogo, participación e rigor técnico”.

Desde o grupo socialista din que a norma impulsouse “practicamente tras o envío dun correo electrónico hai máis de cinco meses, sen mesas de traballo, sen debate político real e sen un proceso participado coa cidadanía, asociacións ou colectivos afectados”. Sinalan tamén que debera haber máis diálogo aberto coas veciñas e veciños: “A participación non pode quedar reducida a un trámite administrativo”.

Os socialistas consideran ademais que “o texto presenta eivas técnicas e xurídicas, incluíndo contradicións internas, erros impropios dun documento normativo, posíbeis solapamentos con outras ordenanzas municipais e un enfoque excesivamente centrado na sanción”. E engaden: “Botamos en falta medidas de prevención, pedagoxía, educación cívica e traballo comunitario. A convivencia non se mellora só a golpe de multas”, explican desde o PSOE, advertindo de que “unha ordenanza sen esa parte social pode acabar xerando entre a veciñanza unha percepción meramente recadatoria”.

Os socialistas tamén consideran “preocupante” a escasa reacción doutras formacións políticas ante unha proposta que presenta tantas dúbidas técnicas e que afecta directamente aos veciños e veciñas. “A oposición debe exercer unha función útil, crítica e responsábel durante todo o mandato, especialmente cando están en xogo cuestións tan sensíbeis para a cidadanía”, apuntan.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.