Ribeira oferta 100 prazas para os cursos en liña de Mocidade Formada

23 Maio 2026

Ribeira abre o prazo de inscrición para os cursos en liña de Mocidade Formada

O Concello de Ribeira abriu o prazo de inscrición para os cursos en liña do programa Mocidade Formada, unha proposta dirixida á mocidade maior de 16 anos que busca facilitar a aprendizaxe formal e informal a través dunha modalidade gratuíta e flexible.

A actividade desenvolverase na Casa da Xuventude e ofrece un total de 100 prazas. As persoas interesadas poderán anotarse nun máximo de dous cursos entre a oferta dispoñible: educación inclusiva e atención á diversidade, manipulación de alimentos, protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, e calidade pedagóxica das actividades de tempo libre.

A concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, explicou que o proxecto Mocidade Formada se estrutura en tres modalidades: pílulas informativas, formación presencial e formación en liña. Nesta última, subliñou, a rapazada poderá aprender “sobre distintos temas cunha flexibilidade total, a diferentes ritmos e dende distintos lugares e días”.

A programación complétase co programa de ocio Por fin é finde!, destinado á mocidade a partir dos 12 anos. As inscricións poden formalizarse presencialmente na Casa da Xuventude ou a través do correo electrónico xuventude@ribeira.gal.


Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.