Máis de 350 persoas participan na X Andaina Solidaria de Congalsa na Pobra do Caramiñal

24 Maio 2026

Máis de 350 persoas secundaron a X Andaina Solidaria organizada por Congalsa, celebrada na mañá deste domingo no municipio pobrense. A participación combinou tanto a modalidade presencial como a virtual, a través do denominado dorsal 0.

Traballadores e directivos da compañía, xunto con familiares, representantes de empresas colaboradoras, asociacións comarcais e autoridades locais, sumáronse a esta iniciativa solidaria. Entre os asistentes destacou a presenza do alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, quen participou no percorrido.

A andaina consistiu nun itinerario circular de 10 quilómetros deseñado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, do Barbanza e Sar-A Orixe. A saída tivo lugar ás 09.30 horas desde a Praza Alcalde Segundo Durán e discorreu por distintos puntos do municipio, como a Praia do Areal, a Ponte de Santo Antonio, o Lugar de Castro, a Praia da Corna, a Praia da Illa e a Praia de Cabío, pasando tamén polo Alto da Pedra da Moura e o Alto de Cabío antes de regresar ao punto de partida.

Ao termo da xornada, o presidente da Corporación Empresarial Congalsa, Luis Miguel Simarro, valorou positivamente a resposta obtida, destacando que a iniciativa busca “axuntar actividade física, convivencia e solidariedade”.

Pola súa banda, a directora xeral de Congalsa, Noela Prieto, subliñou o compromiso da empresa con este tipo de accións, que fomentan o benestar, a cohesión social e a responsabilidade corporativa.

Os alimentos e fondos recadados durante a andaina serán destinados a distintas ONG da comarca do Barbanza e á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal. A compañía realizará nos próximos días o balance definitivo da recadación.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...