A Xunta presenta en Ribeira o 1º censo do patrimonio marítimo de Galicia, que documenta case 1.500 bens no noso litoral

21 Maio 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, xunto co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron este xoves 21 de maio na presentación oficial do primeiro Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia e dos Espazos de Interese Cultural Marítimo (EICM), coñecidos como Áreas Nai. Esta iniciativa estratéxica, enmarcada no Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA), busca “conservar, poñer en valor e difundir de xeito integral a herdanza litoral galega”, informaron.

A titular de Mar salientou no acto, celebrado no Auditorio Municipal de Ribeira, a fonda vinculación da comunidade co medio mariño, afirmando que “o mar caracteriza as nosas paisaxes e marca as nosas vivencias, e a nosa identidade galega, porque Galicia é mar e os galegos tamén somos mar”.

López Campos fixo fincapé na importancia desta ferramenta “ao supoñer unha nova achega nese obxectivo común: o coidado dos nosos bens, que nos facilita traballar en rede xunto ás fundacións e asociacións que colaboran nese labor”. O titular de Cultura do Goberno galego erixiu a gran riqueza patrimonial galega, “que forma parte fundamental da nosa identidade cultural e que agora se atopa inventariada e accesible a todo o pobo galego”.

Explicaron que o Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia é un inventario exhaustivo e pioneiro, impulsado pola Consellería do Mar xunto coa Universidade da Coruña, que documenta, que pon en valor a herdanza litoral galega mediante a catalogación de 1.452 bens singulares (como antigas conserveiras, estaleiros, cetarias ou cargadoiros). Para acadalo, levouse a cabo un intenso traballo de campo dirixido polo doutor arquitecto Óscar Fuertes Dopico que permitiu mapear máis de 24.000 quilómetros do noso bordo litoral.

Pola súa banda, as Áreas Nai ou Espazos de Interese Cultural Marítimo (EICM) son enclaves singulares da nosa costa que se preservaron da urbanización masiva, mantendo a súa esencia histórica e paisaxística. O proxecto identificou 28 destas áreas en Galicia, que destacan por ser conxuntos patrimoniais vivos nos que se mantén intacta a relación tradicional entre o mar e as comunidades mariñeiras locais.

Para garantir a difusión deste coñecemento, a páxina web do proxecto inclúe un visor interactivo que permitirá á cidadanía explorar o Censo e as Áreas Nai de maneira cómoda e rápida, sen atrancos visuais nin de forma. A plataforma ofrece información xeorreferenciada sobre os bens inventariados e incorpora un espazo de participación activa denominado Achegas, destinado a recoller novas contribucións e ampliar o coñecemento colectivo sobre a nosa identidade marítima, e que permanecerá activo ata finais do ano 2026.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...