O Auditorio de Rianxo acolle este venres a proxección da curta “Píllara, a última píllara das dunas”

25 Maio 2026

Este venres 29 de maio proxectarase no Auditorio de Rianxo a curtametraxe Píllara, a última píllara das dunas, dirixida polo rianxeiro Amancio Losada Vicente con música de Aida SAco Beiroa. A cita será ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio.

Sinopse

Píllara era a última das píllaras das dunas. Despois de moitos infortunios e adversidades levaba con ela os ovos que poderían permitir que a súa especie non desaparecera para sempre do planeta. Pero para iso, Píllara tiña que atopar un lugar seguro onde aniñar, poñer os seus ovos e criar os seus polos. Non era cousa fácil. Percorreu todo o planeta preguntando a todo o que atopaba, pola terra ou polo mar, se sabían de algún sitio onde os seu poliños criar. Buscou por canto sitio había, sen descanso, sen parar. Con sol, con chuvia, con vento…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...