A Pobra convoca unha reunión para captar locais comerciais ao programa municipal EMPRENDECO-POBRA

21 Maio 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará o vindeiro 28 de maio unha reunión informativa dirixida a persoas propietarias de locais comerciais e inmobiliarias interesadas en participar na bolsa municipal de baixos do programa “EMPRENDECO-POBRA”, unha iniciativa destinada a impulsar novas aperturas comerciais e revitalizar o tecido económico local.

O encontro terá lugar ás 19.00 horas no Coworking Pobra e servirá para explicar o funcionamento desta bolsa municipal de locais comerciais baleiros, así como os requisitos de participación, as condicións de adhesión e a documentación necesaria para incorporar os inmobles ao programa.

“EMPRENDECO-POBRA” é unha iniciativa impulsada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña, orientada a fomentar o emprendemento comercial e dar uso a baixos actualmente sen actividade no municipio.

O programa contempla que o propio Concello alugue os locais adheridos á bolsa municipal para posteriormente poñelos á disposición das persoas emprendedoras beneficiarias, facilitando así a apertura de novos negocios na vila.

Desde o goberno local subliñan que esta medida busca contribuír á revitalización comercial da Pobra do Caramiñal, favorecendo a ocupación de locais baleiros e creando novas oportunidades económicas e de emprego vinculadas ao comercio de proximidade.

A reunión contará cun número limitado de prazas, polo que será necesario confirmar asistencia previamente. O prazo límite para inscribirse remata o 26 de maio.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través do formulario habilitado polo Concello:

Formulario de inscrición EMPRENDECO-POBRA

Tamén é posible anotarse chamando ao teléfono 981 843 280, extensión 2035, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...