Entramos na recta final de ano e a Real Academia Galega (RAG) achéganos unha das nosas votacións preferidas na Rede: a elección da que sería a palabra galega do ano. Este ano compiten seis significativos termos: biodiversidade, cibercarracho, -a, cooficialidade,...
Dodro achega no segundo trimestre do curso unha manchea de escolas deportivas para todas as idades
O Concello de Dodro, a través da área municipal de Deportes e coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza neste segundo trimestre do curso un novo capítulo das Escolas Deportivas Municipais. As renovacións e as novas inscricións deberán facerse antes do 21 de...
O Concello da Pobra fixo entrega do tradicional aguinaldo do Nadal ao voluntariado
O Concello da Pobra do Caramiñal enxalzou coa entrega do tradicional aguinaldo de Nadal o altruísmo do voluntariado que opera nos distintos ámbitos: benestar animal, a través da Protectora Moura; medioambiental; social; e da seguridade, representada no corpo da...
A Pobra premiou as vivendas mellor engalanadas neste Nadal
As persoas propietarias das vivendas gañadoras do IV Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas da Pobra do Caramiñal recibiron neste 13 de decembro as distincións da man da concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.A edil explicou que esta convocatoria...
O Concello de Ribeira repartirá máis de 3.000 bonos comercio a partir do venres 15
Presentación da campaña nunha imaxe de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira) A concelleira de Comercio de Ribeira, Veva Betanzos, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, acompañados do presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez Gude, presentaron o programa...
Alumnado do CPR Divino Maestro expón as graves consecuencias das cabichas no medio mariño
Concienciar ás rapazas e rapaces sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de cambio na procura dun mundo máis sustentábel: este é o obxectivo da acción que realizou alumnado do CPR Divino Maestro na mañá deste 13 de decembro...
O Concello de Boiro executa obras para a mellora ambiental no esteiro do río Coroño
O Concello de Boiro inicia as obras que se van levar a cabo para a mellora ambiental no esteiro do río Coroño, no treito comprendido entre o Coído e o Pazo de Goiáns. As actuacións, que ascenden a un total de 204.024 euros, estanse a levar a cabo mediante o Plan de...
Este venres formalízase en Outes a primeira declaración de dereitos dun río (o Tins) levada a cabo no territorio estatal
Este venres 15 de decembro celebrarase (a partir das 17:00 horas no Centro Social da Serra de Outes), o Foro do río Tins, no marco do proxecto ReNatur_Outes, aberto ao público interesado. O foro comezará cunha introdución, na que o equipo de proxecto fará un repaso...
Os ecoloxistas denuncian que os niveis de cadmio nas verteduras de San Finx superan máis de 100 veces os niveis máximos permitidos
A Plataforma da ría de Muros e Noia contra os vertidos da mina de San Finx (Lousame) puxeron o foco no resultado das últimas analíticas realizadas por Augas de Galicia na dita explotación, o pasado mes de outubro, probas que "evidenciaron que os niveis de cadmio nos...
Barbantia celebra este sábado 16 en Lousame a gran festa da cultura do Barbanza (Premios Barbantia 2023)
A Asociación Cultural Barbantia celebra este 16 de decembro a gran festa anual da cultura no Barbanza. Estamos a falar da XVII Gala dos Premios Barbantia 2023, que se desenvolve este sábado ás 12.30 horas na Casa da Cultura do Concello de Lousame. A axenda, amais da...
Nova saída de vía cunha persoa ferida na AG-11 ao seu paso por Rianxo. Apagado un incendio dun coche en Boiro
Nun tramo que experimentou varios incidentes nos últimos tempos, rexistrouse unha nova saída de vía con feridos pasadas as tres da tarde no punto quilométrico 12, pertencente á parroquia de Isorna. Neste caso, un vehículo que se dirixía cara a Ribeira saíuse da vía,...
A iniciativa pobrense Consigue Caramiñas, Comparte Nadal xa repartiu as primeiras caramiñas
Miriam Paz Castro, Marta Lorenzo Fernández e Iván Moure Raño foron as persoas afortunadas nos primeiros días da acción orientada ás redes sociais no seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal, que sortea 200 euros diarios en formato de vale/caramiñas para...
Medio cento de estudantes do CPIP Cernadas de Castro (Lousame) participa nun obradoiro de violencia de xénero dixital
Un total de 49 nenos e nenas de 1º e 2º da ESO do CPIP Cernadas de Castro de Lousame participaron este martes 12 de decembro no obradoiro Violencia de xénero no novo contexto dixital. O obradoiro estivo centrado no coñecemento e prevención das novas formas de...
Boiro destina 224.450 euros para a promoción do deporte local mediante subvencións a clubs e entidades
O Concello de Boiro destina 224.450 euros a entidades deportivas do municipio para a promoción do deporte. O alcalde, José Ramón Romero, asinou este martes 12 de decembro os primeiros convenios con entidades deportivas, que se seguirán asinando nas vindeiras semanas....
Preto de 30 comercios locais de Ribeira sumáronse á Campaña de Nadal “Envolvendo ilusións” de AGADEA
Na Farmacia de Sanmamed A asociación AGADEA Alzhéimer levou a cabo unha iniciativa solidaria esta semana ao repartir entre 27 comercios locais de Ribeira ata 50 bólas decorativas de Nadal e 500 etiquetas feitas a man polos usuarios da entidade nos seus obradoiros de...
O Concello da Pobra posibilita conciliar pola mañá e pola tarde durante as vacacións do Nadal
A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal impulsa un ano máis accións en materia de conciliación para o Nadal dirixidas a crianzas da infantil e da primaria. No acto de presentación, a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, xunto coa axente da igualdade,...
A UE pacta as cotas para 2024 cun incremento para España de capturas de pescada
Os ministros de Pesca da Unión Europea alcanzaron este martes un acordo para a repartición da pesca no Atlántico e o Mar do Norte para 2024 -tamén para 2025 e 2026 no caso dalgunhas poboacións-, e para as posibilidades de pesca no Mediterráneo...
Xuño acolle este domingo a gala solidaria a favor da AECC Porto do Son
O vindeiro 17 de decembro, domingo, a partir das 17 horas, vaise celebrar a décima edición da Gala Solidaria a prol da AE Contra o Cancro de Porto do Son. Será na Casa da Cultura de Xuño. Organiza Sartaxas, a Asociación de Veciños de Xuño. Haberá música ao vivo e, de...
Perde a vida un mariñeiro en Muros ao caer ao mar desde unhas rochas
Un mariscador de Vilanova perdeu a vida mentres estaba a recoller mexillóns na zona de Monte Louro. O suceso ocorreu ao redor das 10.30 horas, aparentemente debido a un golpe de mar que o fixo caer e golpearse a cabeza contra unhas rocas, o que provocou o seu...
O Goberno de Ribeira achegou máis de 5.000 sinaturas da veciñanza á Delegación do Goberno
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, mantiveron este 11 de decembro unha reunión co delegado do Goberno, Pedro Blanco, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na que se abordaron temas relacionados coa...
O Concurso de Decoración de Nadal de Outes xa ten as inscricións abertas
Entre as moitas actividades programadas polo Concello na axenda do Nadal en Outes incluíuse unha proposta que implica directamente a creatividade da veciñanza: o Concurso de Decoración de Nadal, cuxas bases poden consultarse xa dende a web municipal. Como novidade, a...
Ambar presenta no Teatro Cine Elma o seu Calendario Solidario 2024
O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal acolleu este luns 11 de decembro a presentación do Calendario Solidario realizado pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional xunto cao colaboración do fotógrafo Pichero. Trátase da novena edición desta...
O Concello da Pobra efectúa melloras en tres instalacións deportivas municipais
Co obxectivo duplo de emendar as necesidades detectadas nas dependencias deportivas municipais e de contribuír ao correcto desenvolvemento da actividade dos clubs e persoas usuarias, a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal acometeu nestas datas unha serie de...
Aberto o prazo de inscrición para participar no Programa Integrado de Emprego de Amicos
A asociación da nosa comarca Amicos organiza unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE), cunha oferta de cen prazas dirixidas a mulleres desempregadas con ou sen discapacidade, así como mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación profesional. A...
A ABE e a Galicia Business School xuntan forzas para achegar formación tecnolóxica ás empresas do Barbanza
A patronal boirense (ABE) e a escola Galicia Business School xuntaron forzas para lanzar unha edición do programa Xeración Dixital Pemes: equipos directivos. A iniciativa dará comezo en marzo de 2024. Segundo informan as ditas entidades, trátase dun programa deseñado...
A ARE repartirá máis de 8.500 euros en premios na súa Campaña de Nadal
A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) lanza nestas festas unha nova edición da súa Campaña de Nadal, e faino baixo o lema Este Nadal ti es a estrela. Compra en Rianxo. Trátase dunha iniciativa de dinamización comercial, económica, social e cultural dividida en...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena
A honestidade está a converterse nun ben escaso, na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados “personaxes” da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e...
“Citados a declarar sete xornalistas en relación co caso da parella de Ayuso” – Antón Luaces
Cando non son os políticos ou os xuíces, son os familiares dos primeiros os que, directa ou indirectamente, vense implicados en casos xudiciais que mobilizan en España aos xornalistas ou pseudoxornalistas que seguen os casos. Chamados a declarar coma imputados sete...
“Fiestas de Ribeira” – Manuel Domínguez
Fiestas de Ribeira Dando respuesta. Se me dice que la Comisión de fiestas cobra a los feriantes por utilizar el terreno de puertos. Ciertamente cierto, y con ese dinero se ayuda a los gastos totales que causan las fiestas, y no suficiente así que el Concello, pone...
“Unha política exterior europea real para protexer os océanos” – Antón Luaces
Niza, foi punto de encontro cara unha auténtica política exterior sobre o océano, coa participación de 60 xefes de Estado e de Goberno e unha amplísima representación de ONG e organismos internacionais, para consolidar unha auténtica política exterior sobre o océano,...
“Urbis” – Xulio Xiz
Diante do Arde Lucus, a cidade ve medrar estruturas que cada ano cobran vida para albergar aos ardentes guerreiros que invadirán -do xeito pacífico que a festa pide- a cidade que se sabe romana e castrexa á vez. E do mesmo xeito que o Día das Letras témolo...



























