Barbantia celebra este sábado 16 en Lousame a gran festa da cultura do Barbanza (Premios Barbantia 2023)

13 Decembro 2023

A Asociación Cultural Barbantia celebra este 16 de decembro a gran festa anual da cultura no Barbanza. Estamos a falar da XVII Gala dos Premios Barbantia 2023, que se desenvolve este sábado ás 12.30 horas na Casa da Cultura do Concello de Lousame. A axenda, amais da gala en si mesma, inclúe un xantar de confraternidade no restaurante O Trapeiro. As inscricións poden facerse en barbantia@barbantia.es.

Os premiados

Barbantia deu a coñecer os días pasados os nomes das persoas e entidades galardoadas cos Premios Barbantia da Cultura 2023. Estes premios son outorgados tras o escrutinio dos votos emitidos polos socios da asociación. Entre os galardoados atópanse o pintor Xosé Luis Veiras Manteiga, natural de Santiago e residente en Noia desde 2001, será distinguido co Premio Barbantia á Traxectoria Cultural non Barbanza, o Centro Arqueolóxico do Barbanza, situado xunto aos castros de Neixón en Cespón, recibirá o Premio Barbantia á Iniciativa Cultural non Barbanza e por último Carlos Callón, escritor de Castiñeiras (Ribeira) e presidente de Mesa pola Normalización Lingüística de 2002 a 2014, recibirá o Premio Barbantia da Cultura Galega.

A entrega dos premios levará a cabo durante a gala dos XVII Premios Barbantia da Cultura 2023 o vindeiro sábado 16 de decembro na Casa de Cultura de Lousame. Como dixemos, o evento comezará ás doce e media do mediodía e tamén servirá como presentación do decimonoveno volume da publicación Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza. Así mesmo, realizarase a tradicional comida de confraternidade no restaurante Trapeiro en Merelle (Lousame), para a cal é necesario inscribirse antes do 15 de decembro enviando unha mensaxe á dirección de correo electrónico barbantia@barbantia.es.

Ademais, a gala de entrega de premios poderá ser seguida a través dunha transmisión en vivo na conta de Youtube da asociación cultural promotora dos premios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.