“Urbis” – Xulio Xiz

10 Xuño 2025

Diante do Arde Lucus, a cidade ve medrar estruturas que cada ano cobran vida para albergar aos ardentes guerreiros que invadirán -do xeito pacífico que a festa pide- a cidade que se sabe romana e castrexa á vez. E do mesmo xeito que o Día das Letras témolo transformado en festivo de desfrute, sei de lucenses que eses días ardentes abandonan Lugo buscando a tranquilidade que aquí se lles nega, por estimar que os festeiros impiden a normalidade da vida cotián.

Chegará o momento en que a festa sexa máis para o turismo que para os que habitamos a cidade, que non damos abasto a atender as convocatorias, e que nos mergullamos no ambiente deixándonos ir como parte dunha marea incontible.

E boto en falta, entre tanta festa, á parte da concentración ou redución de actividades, algo que deixe pouso cultural e formativo. Xa non digo algo semellante a aquel Certame Literario do Corpus Lucense, que a mediados do pasado século constituía importante festa xornalística e literaria, senón quizais como o Certame Urbis Lucus Augusti que a conselleira de Familia, Manuela López Besteiro impulsou en 2003, coa axuda da Deputación e a USC, no que participaron 144 universitarios que – con actividades dirixidas por especialistas na civilización romana -, participaron en probas de coñecemento e enxeño conseguindo premios que levaron aos grupos gañadores a Roma e a Tarraco.

Chegounos pola tradición o de “Panem e circensis” como elementos cos que os césares tiñan contentos aos seus súbditos. Dous mil anos despois, ben parece chegado o momento en que aspiremos a algo máis.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.