O Concello da Pobra fixo entrega do tradicional aguinaldo do Nadal ao voluntariado

13 Decembro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal enxalzou coa entrega do tradicional aguinaldo de Nadal o altruísmo do voluntariado que opera nos distintos ámbitos: benestar animal, a través da Protectora Moura; medioambiental; social; e da seguridade, representada no corpo da Protección Civil.

Fíxoo no salón de plenos do Consistorio coa entrega do tradicional agasallo de Nadal: un lote de produtos por persoa para desfrutar nestas datas.

No acto celebrado na tarde deste 13 de decembro participaron o alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos; e a concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo.

Durante a súa intervención previa á entrega do aguinaldo, o rexedor gabou a implicación das máis de corenta persoas que exerceron neste ano como voluntarias, axudando á Administración local a acadar determinados obxectivos e sempre no beneficio do conxunto da sociedade.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.