O Concurso de Decoración de Nadal de Outes xa ten as inscricións abertas

12 Decembro 2023

Entre as moitas actividades programadas polo Concello na axenda do Nadal en Outes incluíuse unha proposta que implica directamente a creatividade da veciñanza: o Concurso de Decoración de Nadal, cuxas bases poden consultarse xa dende a web municipal.

Como novidade, a edición deste ano contará con dúas categorías distintas: establecementos comerciais e particulares. As inscricións son presenciais na Casa do Concello do 1 ao 22 de decembro. O concurso terá unha presenza destacada nas redes sociais, a través de Facebook e Instagram.

Poderán participar persoas, a titulo particular, que adornen as fachadas, balcóns ou xardíns da súa propiedade; e establecementos comerciais e outras entidades (comercios, negocios ou outros establecementos públicos que decoren as súas fachadas, escaparates ou vidreiras, etc).

O tema a desenvolver xirará en torno ao Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase a creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación, composición e o uso da lingua galega.

O xurado estará composto por tres membros nomeados pola Concellaría de Cultura. O Concello de Outes informará publicamente dos agraciados en menos de 15 días naturais tralo remate do prazo de inscrición. Esta información difundirase a través do taboleiro de anuncios, páxina web e redes sociais do Concello. Haberá dous premios separados por categorías:

-Un premio para os establecementos comerciais de 150 euros.

-Un premio para particulares de 150 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.