Medio cento de estudantes do CPIP Cernadas de Castro (Lousame) participa nun obradoiro de violencia de xénero dixital

12 Decembro 2023

Un total de 49 nenos e nenas de 1º e 2º da ESO do CPIP Cernadas de Castro de Lousame participaron este martes 12 de decembro no obradoiro Violencia de xénero no novo contexto dixital. O obradoiro estivo centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sexting… “O obxectivo é que a rapazada aprenda a coidarse cando emprega as novas tecnoloxías e as redes sociais”, apuntaba Silvia Agrafojo, concelleira de Ensino.

O Concello de Lousame foi seleccionado para desenvolver este obradoiro no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a FEGAMP para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.