O Concello de Ribeira repartirá máis de 3.000 bonos comercio a partir do venres 15

13 Decembro 2023
Presentación da campaña nunha imaxe de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)

A concelleira de Comercio de Ribeira, Veva Betanzos, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, acompañados do presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez Gude, presentaron o programa de Bonos QR AmaRibeira, unha iniciativa que ten por obxectivo o fortalecemento do sector comercial local e dos establecementos hostaleiros do termo municipal.

Segundo explicou Betanzos, “cada usuario disporá dun saldo de 30 € para a realización do desconto nas compras. Ditos descontos serán de 10 € por cada 30 € de compra mínima, ata un máximo de 30 € de desconto por persoa usuaria do bono QR, de maneira que o Concello de Ribeira subvencionará o 33,33% de cada compra”.

O importe do bono poderase consumir nas compras de bens e servizos realizadas nos establecementos adheridos ao programa entre o 15 de decembro e o 31 de xaneiro de 2024. A edil e o alcalde engadiron que poderán adherirse todos os establecementos comerciais e de hostalería que desenvolvan a súa actividade no concello de Ribeira no réxime de persoas autónomas ou pequenas e medianas empresas (pemes), a través da páxina web AMARibeira.gal.

“O propósito destes bonos, que xa propuxemos hai tres anos, é a potenciación do tecido comercial e hosteleiro da nosa localidade, así como tamén axudar ás familias nas compras destas datas”, explicou o alcalde Luís Pérez.

Esta iniciativa forma parte dunha campaña integral de dinamización do comercio local, xunto co convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de Ribeira e a posta en marcha de tarifas especiais para o estacionamento no estacionamento do Centenario.

Na presentación tamén estiveron presentes os concelleiros Vicente Mariño e Francisco Suárez-Puerta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.