O Goberno de Ribeira achegou máis de 5.000 sinaturas da veciñanza á Delegación do Goberno

12 Decembro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, mantiveron este 11 de decembro unha reunión co delegado do Goberno, Pedro Blanco, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na que se abordaron temas relacionados coa seguridade no municipio e materia de vivenda. Dende o Goberno municipal achegouse unha recompilación de máis de 5000 sinaturas da veciñanza para solicitar “o aumento de efectivos da Policía Nacional en Ribeira”. Durante o encontro, o delegado e o alcalde de Ribeira coincidiron en manter as liñas de colaboración entre as policías nacionais e locais para garantir os niveis de seguridade acadados neste Concello.

O alcalde aproveitou a reunión para trasladar ao delegado outros asuntos relacionados coa materia de vivenda: “Debido aos pisos turísticos hai unha alta demanda de vivenda de alugueiro que supón un problema para que a xente poida vivir e traballar aquí durante todo o ano” explicou, engadindo que “hai edificios propiedade da Sareb que poderían pasar a mans públicas para destinalos a réxime de alugueiro”.

O rexedor destacou a produtividade da reunión “que estableceu unha interlocución directa que traerá beneficios para toda a veciñanza de Ribeira”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.