O delegado do Goberno di que o Executivo central está comprometido coa seguridade de Ribeira

11 Decembro 2023

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, mantivo unha reunión este luns 11 de decembro co alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral. No seu transcurso abordáronse temas relacionados coa seguridade no municipio. Tamén estiveron presentes a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o tenente alcalde, Francisco Suárez-Puerta. Pedro Blanco exemplificou en Ribeira a aposta do Goberno pola seguridade cidadá, que, segundo dixo, materializouse na construción dunha nova Comisaría (o ano pasado) e no incremento dos axentes de Policía Nacional.

No novo inmóbel, explicou, o Goberno investiu máis de 3 millóns de euros. No que respecta aos axentes, sinalou que “nos últimos tres anos, o Executivo incrementou en 13 efectivos o persoal policial na Comisaría de Ribeira”. En concreto, un inspector, catro subinspectores, un oficial e sete policías, ocupando case o 90% dos postos de traballo dispoñíbeis.

Tamén dixo que “o índice de criminalidade en Ribeira mantense constante nos últimos anos, á vez que aumentou a taxa de esclarecementos, de tal modo que, como consecuencia da profesionalidade dos corpos policiais presentes neste municipio, puidéronse resolver 21 dos 28 roubos con forza en  establecementos e 4 dos 21 roubos con forza en vivendas rexistrados, todo iso a pesar da dificultade que implica a investigación destes delitos”.

Durante a reunión, o delegado e o alcalde de Ribeira coincidiron no mantemento das liñas de colaboración entre os corpos de Policía Nacional e Local para “garantir os niveis esixidos de seguridade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.