“Citados a declarar sete xornalistas en relación co caso da parella de Ayuso” – Antón Luaces

12 Xuño 2025

Cando non son os políticos ou os xuíces, son os familiares dos primeiros os que, directa ou indirectamente, vense implicados en casos xudiciais que mobilizan en España aos xornalistas ou pseudoxornalistas que seguen os casos.

Chamados a declarar coma imputados sete xornalistas ben coñecidos en España en relación co caso da parella da presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Ayuso.  A petición de comparecencia parte do noivo de Ayuso co obxectivo, ao parecer, de investigar algunhas citacións de información na causa do Tribunal Supremo sobre a mencionada causa.

A xuíza citou aos informadores apòs que Alberto González Amador presentara denuncia sobre a publicación polos citados xornalistas das actas do rexistro da Garda Civil no despacho do fiscal xeneral do Estado, a primeira dilixencia posta en marcha polo xuíz Hurtado ao asumuir o caso.      

A citación dos xornalistas chama poderosamente a atención debido aos dereitos e deberes que corresponden aos xornalistas e que inclúen o dereito á información (dereito de acceso á información e ás ideas, fundamental para o seu labor); deber de veracidade (verificar a información antes de a publicar); responsabilidade ética (integridade no exercicio do xornalismo); dereito á liberdade de expresión (dereito de expresar as súas opinións e reportar sen censura, dentro dos límites da lei) e deber de respecto á privacidade.

  Os xornalistas citados ratificaron que souberon  dos termos da confesión de González Amador antes ca o fiscal xeneral. En concreto, ao menos 31 horas antes de que chegase as mans deste e que a información lles veu a través dun membro da  Fiscalía de Madrid.

Para a defensa semella claro que se xa sabía da existencia do tan debatido pacto. Polo tanto non habería caso de revelación  de secretos. 

A primeira información foi a que lles chegou o 12 de marzo, e foi a través dun documento que acredita que durante a mañá do devandjto día xa coñecían amáis  que os avogados  de González Amador negociaban un  pacto. Todo, antes de que chegara esa información a García Ortiz, algo que sucedeu na nota do 13 de marzo.   

Segundo informou “la Sexta”, foron os avogados da parella de Ayuso os que pediron que foran os informadores os que declararan coma testemuñas , após que eles tivesen probas  ante notario para demostrar  que xa tiñan esas negociacións entre o noivo de Ayuso e a Fiscalía.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.