“Unha política exterior europea real para protexer os océanos” – Antón Luaces

10 Xuño 2025

Niza, foi punto de encontro cara unha auténtica política exterior sobre o océano, coa participación de 60 xefes de Estado e de Goberno e unha amplísima representación de ONG e organismos internacionais, para consolidar unha auténtica política exterior sobre o océano, ambiciosa, vinculante e coherente cos desafíos do século XXI.

O recén presentado Pacto Europeo polo Océano, impulsado pola presidenta da Comisión Europea Úrsula von der Leyen, “é un bo primeiro paso” aínda que insuficiente  de non ir acompañado dunha “arquitectura política que o traduza en accións concretas dentro e fora das fronteiras comunitarias”.

Para von der Leyen a verdadeira novidade do pacto é ter acadado que o océano volva ocupar un lugar central na axenda política europea. Vai anos, dixo von der Leyen, ´”que non tiñamos unha mobilización tan transversal desde Bruxelas ata as rexións costeiras”.

Ter acadado  o recoñecemento do océano coma ben común global, a expansión efectiva de áreas mariñas protexidas e a creación de reservas de carbono azul, esenciais para combater o cambio climático, son algunhas das principais propostas defendidas. Con  todo isto, salientar a insistencia no reforzo da diplomacia azul, é dicir, unha liña coherente de política exterior europea que defenda os intereses oceánicos nas negociacións globais sobre biodiversidade, pesca, transporte marítimo ou contaminación plástica.   

O responsable de políticas oceánicas da fundación portuguesa Océano Azul, Louis Lambrechts, coida necesario avanzar na ratificación do tratado BBNJ (Biodiversidade en Alta Mar), así coma na implementación do acordo mundial contra da contaminación por plásticos.”Europa ten os instrumentos e a lexitimidade científica, dixo, para liderar estes procesos. Pero fai falta vontade política e orzamento para exercer ese liderado”.

Os océanos cobren o 70% do planeta. “Sen eles non hai futuro. É hora de que as decisións políticas estean a esa altura”, concluíu Lambrechts. 

Un dos problemas a superar radica no choque entre a pesca e o conservacionismo que representan as organizacións medioambientalistas, unha cuestión que non se da superada.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.