Aberto o prazo de inscrición para participar no Programa Integrado de Emprego de Amicos

11 Decembro 2023

A asociación da nosa comarca Amicos organiza unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE), cunha oferta de cen prazas dirixidas a mulleres desempregadas con ou sen discapacidade, así como mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación profesional. A iniciativa, que se desenvolverá durante un ano, estará enfocada nos sectores de comercio, atención á clientela e desenvolvemento de habilidades sociais, así como funcións de almacén, tanto en industria como no sector comercio.

O programa ofrece ás participantes información, orientación e asesoramento na busca de emprego. Asemade, as beneficiarias recibirán formación e apoio mediante técnicas e obradoiros, habilidades sociolaborais, mobilidade laboral. Amais, inclúese prospección empresarial e prácticas profesionais non laborais en empresas do sector conserveiro, como a boirense JEALSA, de distribución alimentaria, Vegalsa-Eroski ou Gadisa, ou en pequeno e mediano comercio da zona do Barbanza.

Segundo informa Amicos, “este tipo de iniciativas ten como obxectivo a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego mediante a combinación de accións formativas, prácticas non laborais e mediación coas empresas”.

Neste caso, o PIE impulsado por Amicos abarca aos concellos Noia, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e Boiro.

Así, o programa contará cun total de 100 prazas nas que se dará forma a un itinerario formativo personalizado para cada unha das participantes.

Amicos engade que “se ben os Programas Integrados de Emprego teñen o compromiso de acadar como mínimo a inserción laboral do 35% dos participantes, polo xeral estes adoitan alcanzar arredor do 40%; no caso de Amicos, este dato sube ata o 55% de inserción, posto que nas tres edicións anteriores, das 360 persoas atendidas polo equipo de emprego da asociación, arredor de 200 foron inseridas”.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 12 de xaneiro, enviando un correo electrónico a programaintegrado@amicos.org ou mediante o teléfono 672 745 058. Os Programas Integrados de Emprego están financiados pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, polo que as participantes poderán percibir unha axuda de mínimo dez euros por cada acción na que interveñan.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.