A ARE repartirá máis de 8.500 euros en premios na súa Campaña de Nadal

11 Decembro 2023

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) lanza nestas festas unha nova edición da súa Campaña de Nadal, e faino baixo o lema Este Nadal ti es a estrela. Compra en Rianxo. Trátase dunha iniciativa de dinamización comercial, económica, social e cultural dividida en dúas partes. Por unha banda a vertente presencial, coa ruleta da sorte repartindo agasallos, con actividades para a rapazada e cun gran sorteo final de vales de compra. E, por outra banda, a vertente en liña, con máis sorteos de vales de compra onde os clientes de tódolos socios da ARE poderán participar, con independencia do seu sector de actividade.

O valor total dos premios nesta campaña supera os 8.500 €.

Para participar, os clientes terán que conseguir os vales mercando nos negocios asociados que participan na campaña. Estes vales, ademais de dar opción a unha tirada na ruleta, no caso de non ser premiados ou non ser utilizados, dan dereito a participar no sorteo final da campaña.

Para asegurar que os premios sexan distribuídos de xeito equitativo e cheguen ao maior número de persoas posíbel, as tiradas na ruleta estarán limitadas a un máximo de 2 por persoa e por quenda.

Os premios que se repartirán na ruleta inclúen 250 mochilas, 250 botellas, 250 paraugas, 250 cuncas, 500 gorras, 1000 bolsas e deliciosas lambonadas. Amais, sortearanse 10 vales de compra de 50 € para gastar nos negocios participantes.

A campaña, segundo informa a ARE, xa está operativa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.