O vindeiro 17 de decembro, domingo, a partir das 17 horas, vaise celebrar a décima edición da Gala Solidaria a prol da AE Contra o Cancro de Porto do Son. Será na Casa da Cultura de Xuño. Organiza Sartaxas, a Asociación de Veciños de Xuño. Haberá música ao vivo e, de feito contarase coa presenza do Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, da Banda de Música Caamaño, de A Roxinha de Carballosa, de O Çegho da Aridiça, de Rexoubeiriñ@s, de Bailamos e de Brumeigho e Os Chispas. No transcurso da gala, a maiores de todo o devandito, sortearanse agasallos entre as persoas que acudan e fagan ás súas doazóns á asemblea local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).




