Dodro achega no segundo trimestre do curso unha manchea de escolas deportivas para todas as idades

14 Decembro 2023

O Concello de Dodro, a través da área municipal de Deportes e coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza neste segundo trimestre do curso un novo capítulo das Escolas Deportivas Municipais. As renovacións e as novas inscricións deberán facerse antes do 21 de decembro. O inicio das actividades formativas está previsto para o 8 de xaneiro. Para nenas e nenos ofrécense as seguintes actividades: psicomotricidade, multideporte, patinaxe e baile deportivo. Para maiores de 15 anos, ximnasia de mantemento, pilates, zumba, adestramento funcional – crossf. Para as persoas maiores de 65 anos e persoas con mobilidade reducida as actividades programadas son psicomotricidade e tonificación. As actividades levaranse a cabo no Pavillón Municipal. Máis información a través do 981802532 e deportes@dodro.gal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...