A UE pacta as cotas para 2024 cun incremento para España de capturas de pescada

12 Decembro 2023

Os ministros de Pesca da Unión Europea alcanzaron este martes un acordo para a repartición da pesca no Atlántico e o Mar do Norte para 2024 -tamén para 2025 e 2026 no caso dalgunhas poboacións-, e para as posibilidades de pesca no Mediterráneo e o Mar Negro para 2024, un pacto que inclúe un aumento do 10,5 % das capturas de pescada para España, ata 11.000 toneladas, o que supón “a cifra máis importante do século”.

No caso de España, que nesta ocasión exerce o seu papel de presidencia do Consello, as prioridades no Atlántico eran o incremento da pescada sur, o peixe sapo ou o galo, así como o mantemento das cotas de abadexo, linguado e lagostino.  

Fontes do sector sinalaron a Europa Press que o que complicou o acordo na mañá deste martes, após unha noite de negociacións, foron as reclamacións de Francia e Italia en relación co esforzo no Mediterráneo, que España buscaba tamén “amortecer”.

Mentres que a Comisión se mantiña “inflexible” na súa proposta de reducir os días de pesca nun 9, 5%, ambos os países tentaron mitigar ese recorte cun aumento dos días de compensación, que finalmente se fixou nun 5 % se se cumpren dúas das condicións -selectividade, portas voadoras, peche de zonas- e do 6 % se se cumpren tres dos requisitos. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.