O Concello da Pobra efectúa melloras en tres instalacións deportivas municipais

11 Decembro 2023

Co obxectivo duplo de emendar as necesidades detectadas nas dependencias deportivas municipais e de contribuír ao correcto desenvolvemento da actividade dos clubs e persoas usuarias, a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal acometeu nestas datas unha serie de melloras en tres instalacións por un investimento de preto de 70 000 euros. O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, acompañado da técnica municipal desta área, Ana Romero, explicou polo miúdo en que consistiu cada unha das actuacións que chegan despois de que finalizase a renovación do Pavillón de Venecia nos pasados meses.

Así, no Estadio Municipal da Alta procedeuse co esparexemento de grava na entrada para evitar as pozas de auga pola chuvia, construíuse unha soleira de cemento fronte ás oficinas de atletismo, habilitáronse chanzos intermedios para facilitar o acceso ás bancadas e solucionáronse os problemas de filtracións na cabina de retransmisión. O importe supera os 32 000 euros e a obra foi adxudicada a Construcciones Tubío Lumasa S.L.

Tamén se interveu na estrutura do Polideportivo Municipal da Tomada, concretamente nas columnas e con vistas a resolver as filtracións, por máis de 21 000 euros, da man de Construcciones y Reformas Tubisán S.L.

E no que respecta ao Edificio de Usos Náuticos efectuouse un incremento do espazo na parte traseira á espera de concluír os trámites con Portos de Galicia que permitan que o proxecto de mellora e ampliación se converta nunha realidade co co-financiamento da Deputación da Coruña. A empresa Cerrajería Paz García S.L. executou estas tarefas por 9 500 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.