Os ecoloxistas denuncian que os niveis de cadmio nas verteduras de San Finx superan máis de 100 veces os niveis máximos permitidos

13 Decembro 2023

A Plataforma da ría de Muros e Noia contra os vertidos da mina de San Finx (Lousame) puxeron o foco no resultado das últimas analíticas realizadas por Augas de Galicia na dita explotación, o pasado mes de outubro, probas que “evidenciaron que os niveis de cadmio nos vertidos da mina superan máis de 100 veces os limites máximos que establece a lexislación para esta substancia tóxica e canceríxena”, explican os impulsores da plataforma, engadindo que “isto supón un aumento fronte aos resultados de agosto, cando os niveis de cadmio xa estaban 78 veces por enriba do permitido”.

Á vista das analíticas e ante as reiteradas denuncias de colectivos ecoloxistas e do mar, Augas de Galicia vén de ditar proposta de sanción contra a empresa concesionaria da mina impoñendo multa de 180.000 euros, considerando o dolo existentes e danos causados. En simultáneo, iniciouse o procedemento para retirar a autorización de verteduras outorgada o pasado mes de febreiro, logo de sete anos de tramitación irregular.

Porén, os colectivos denunciantes lembran que “levamos 7 anos esperando por este procedemento sancionador” e veñen de alegar esixindo á Xunta que obrigue igualmente á empresa a pagar o canon de control de verteduras, que neste caso se eleva a máis de 30 millóns de euros anuais. “Non vamos tolerar que a empresa marche deixando este problema detrás”, afirma Rogelio Santos, mariñeiro e co-voceiro da Plataforma comarcal contra as verteduras da mina.

Tamén esixen que sexan adoptadas medidas cautelares para evitar que as verteduras continúen. Por iso, desde os colectivos integrantes da Plataforma veñen de enviar á Xunta información técnica sobre os métodos de selado das galerías de drenaxe que deben executarse para permitir a reinundación da mina e a minimización da contaminación con metais pesados. “Non entendemos por que o que se fai en minas de todo o mundo para evitar a contaminación, aquí non se esixe a unha explotación que está a apenas 7 km da ría de Muros e Noia”, indicou Joám Evans, representante de Ecoloxistas en Acción.

Solidariedade contra o acoso xudicial

A Plataforma contra as verteduras, que integran confrarías, ecoloxistas e colectivos locais de todo tipo ven de expresar a súa solidariedade con Ecoloxistas en Acción, logo de que a Cámara Oficial Mineira de Galicia denunciase a varios dos seus membros por ter levado á sede do organismo na Coruña varias botellas con auga da mina. As Confrarías de Noia e Portosín xa censuraran á Cámara Mineira no mes de agosto cando esta afirmara publicamente que “nunca houbo problemas coa calidade das augas”, e que a postura das organizacións do mar nacía de “información imprecisa, sen ningún valor científico e con un sesgo ideolóxico anti-minería.”

Logo de que o mes pasado se arquivase outra denuncia falsa contra o mesmo colectivo por parte da empresa da mina de San Finx, a Plataforma pide ao organismo que “deixe de facer o ridículo e alerta que este tipo de acoso xudicial non vai conseguir desmobilizar a toda unha ría na defensa do seu modo de vida”. Lembran demais que “fronte os 12 postos de traballo que contempla o proxecto de explotación da mina, a ría dá de comer a miles de familias de forma sostíbel e respectuosa co medio natural”.

Outros artigos

Sábado seguen as choivas mais intensa de madrugada

O sábado Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca que se moverá polo noroeste, preto da nosa Comunidade. Unha situación que traerá chuvias, máis persistentes e intensas durante a mañá. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...