A Pobra premiou as vivendas mellor engalanadas neste Nadal

13 Decembro 2023

As persoas propietarias das vivendas gañadoras do IV Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas da Pobra do Caramiñal recibiron neste 13 de decembro as distincións da man da concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.
A edil explicou que esta convocatoria contou coa participación de máis de 30 domicilios que demostraban creatividade e vistosidade nestas datas sinaladas. No seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal, este certame reparte 2100 euros no total, no formato de vale/caramiñas para trocar nos máis de corenta establecementos comerciais e de servizos adheridos.
O xurado decidiu adxudica-lo primeiro premio a un fogar situado en Tarrío, cunha recompensa de 600 euros. E os cinco segundos, de 300 euros, un por cada parroquia, foron parar a unha vivenda na rúa Cardeal Patiño (Santiago do Deán), no lugar da Mercé (Santo Isidro de Posmarcos), no lugar de Rosamonde (Santa Cruz de Lesón), en Bandaseca (Santa María do Xobre) e A Pontenaveira (Santa María a Antiga do Caramiñal).
A ornamentación deberá permanecer ata o día 6 de xaneiro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...