O ourizo de mar é un recurso específico Co obxectivo de reivindicar o ourizo de mar e as súas importantes calidades, o Concello de Ribeira tomou a iniciativa de gravar o documental O mar dende dentro: o ourizo, producido por Víctor Oujo e no que, ao longo de 20...
O Concello e Boiro leva a cabo cursos de formación en manexo de desfibriladores para persoal municipal
O Concello de Boiro está a levar a cabo cursos de formación en RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar) e manexo dos desfibriladores para persoal municipal que desenvolve a súa actividade laboral en centros equipados cun DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático). O alcalde...
Tarabela Creativa leva a Boiro este venres o teatro infantil “A tarabela ambulante”
O Centro Social de Abanqueiro vai acoller este venres 24 de abril un espectáculo teatral para a rapazada: A tarabela ambulante: IDEA, a cargo de Tarabela Creativa. Será a partir das 20.00 horas. Esta é a historia de Mariña, unha nena que grazas ao aburrimento...
O PSdeG-PSOE de Ribeira, crítico coa iniciativa do Goberno local destinada a embelecer locais comerciais abandonados
O PSdeG-PSOE de Ribeira emitiu un comunicado crítico coa iniciativa do Goberno municipal para habilitar recursos estéticos con feitura de vinilos que adecenten os establecementos comerciais baleiros e melloren a estética dos espazos urbanos da localidade. O grupo...
Verdegaia organiza unha andaina no Parque Natural de Corrubedo destinada a coñecer o noso rico patrimonio ambiental
O sábado 25 de abril a entidade ambiental Verdegaia organiza unha ruta no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, un dos seis parques naturais da nosa terra, que conta cun extenso sistema dunar de gran valor natural no que a duna...
O Concello de Boiro e Fundación ONCE traballarán en inclusión e accesibilidade
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, participaron na mañá deste martes 21 de abril na constitución da comisión de seguimento do convenio entre o Concello de Boiro e Inserta Empleo. Na xornada, que tivo...
Novas mobilizacións no Hospital do Barbanza e campaña de apoios por unha sanidade pública de calidade
Proseguen as concentracións da veciñanza de Ribeira e do Barbanza nos centros de saúde da contorna, mobilizacións que reclaman apoios para unha sanidade pública de calidade e que se cubran todas as prazas vacantes nos ambulatorios. Este martes 21 de abril houbo unha...
Ana Alvite (Ribeira) liderará as Xuventudes Socialistas
Ana Alvite García, enfermeira de 25 anos de idade natural de Ribeira, será a nova secretaría xeral das Xuventudes Socialistas da Galicia (XSG) logo de pecharse este luns 20 o prazo para presentar candidaturas e ser a súa a única proposta achegada. Alvite, que a día de...
Sete detidos e tres puntos de venda de droga desmantelados no Barbanza na operación ZAGUANES II
A Garda Civil de Boiro culminou a denominada operación ZAGUANES II cun balance de sete persoas detidas e a desactivación de tres focos de distribución minorista de droga nas localidades de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal. O operativo tiña como obxectivo reducir o...
A Pobra celebra o Día do Libro cunha “solta” de exemplares polo municipio
O Concello da Pobra do Caramiñal conmemorará o Día Internacional do Libro cunha xornada pensada para todos os públicos e organizada co obxectivo de fomentar a lectura entre a veciñanza que se levará a cabo este 23 de abril. Así o destacou a concelleira de Cultura,...
37 equipos de categoría alevín participan na VII edición do Torneo Internacional CONGALSA de fútbol base
O Estadio Municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, acolleu este martes 21 de abril a presentación oficial da VII edición do Torneo Internacional CONGALSA de fútbol base, unha cita xa consolidada na comarca do Barbanza que se disputará do 23 ao 25 de maio no...
O Concello de Ribeira inicia as obras de mellora da rúa Miguel Rodríguez Bautista
O Concello de Ribeira continúa mellorando as vías do municipio co inicio das obras na rúa Miguel Rodríguez Bautista; unha das principais arterias de acceso ao centro urbano que se suma á actuación que xa se está acometendo na contorna da Casa Consistorial. O...
BNG, PSOE e o Grupo de Non Adscritos de Ribeira propoñen un paquete de melloras de seguridade e trazado para o carril bici que unirá Ribeira con Palmeira
Na imaxe os voceiros Luís Pérez Barral, Fran Suárez-Puerta, o edil Juan Furones e a concelleira Veva Betanzos. Os grupos da oposición de Ribeira (BNG, PSOE e o Grupo de Non Adscritos) presentaron unha moción conxunta para o pleno de abril na que avogan por seguir...
Ribeira informou sobre o procedemento de regularización extraordinaria para persoas estranxeiras en situación irregular
Preto dun cento de persoas asistiron este martes 21 de abril á charla informativa que se ofreceu no auditorio vello de Ribeira sobre oprocedemento de regularización extraordinaria para persoas estranxeiras en situación irregular. O concelleiro de Servizos Socias,...
O Concello de Ribeira promove unha iniciativa de embelecemento de escaparates de locais baleiros
Baixo a premisa de “mellorar a estética das rúas”, o Concello de Ribeira pon en marcha unha iniciativa para o embelecemento de escaparates de locais baleiros para así erradicar o "feísmo" a causa de cartelería excesiva e obsoleta. En consecuencia, promóvese a limpeza...
Boiro Novo pide melloras integrais de servizos e accesibilidade en Valmaior, Treites e O Louriño
A agrupación Boiro Novo, a través do concelleiro Xurxo Triñanes Hermo, presentou para a súa aprobación no pleno da Corporación municipal unha moción destinada a acometer melloras nas zonas de Valmaior, Treites e O Louriño. Explican que "na parroquia de Cespón, a zona...
O ciclo da Deputación da Coruña polo Día do Libro continúa o seu percorrido pola provincia (en Rianxo o 23 de abril)
A Deputación da Coruña continúa a desenvolver o ciclo cultural ao redor da lectura organizado con motivo do Día do Libro. A iniciativa, impulsada pola Área de Cultura, ten como eixo central o documental A rebelión da lectura, producido por Espazo Lectura e dirixido...
Prosegue en Rianxo o Ciclo de Primavera co Cuarteto MarAslens (este venres) e o Orfeón Terra A Nosa (este sábado)
O Ciclo Primavera de concertos de música do Concello de Rianxo depáranos esta semana dúas citas relevantes: unha (o venres) co Cuarteto MarAslens e outra (o sábado) co Orfeón Terra A Nosa. O concerto deste venres 24 de abril virá da man do Cuarteto MarAslens, formado...
Rianxo celebra o Día do Libro coa proxección do documental “A Rebelión da lectura”
Con motivo da celebración do Día do Libro (este 23 de abril), Rianxo vai dar acollida á proxección e coloquio do documental A Rebelión da lectura de Espazo Lectura. Contarase coa presenza das directoras Asun G. Losada e Alma Alonso. Trátase dunha proposta promovida...
O Concello de Rianxo aproba o proxecto para remodelar a área deportiva do Campo de Arriba
O Concello de Rianxo aprobou finalmente o proxecto para a remodelación da zona deportiva situada a carón do Campo de Arriba, no centro da vila, un proxecto que en palabras do Goberno local "obedece a unha vella demanda das familias rianxeiras dada a falta deste tipo...
A ARE de Rianxo celebra este mércores o acto final da súa innovadora campaña PremiARE
A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) celebra este mércores 22 de abril o acto final da campaña PremiARE, unha iniciativa de dinamización comercial que ao longo dos últimos días promoveu o consumo no comercio local de Rianxo a través de accións participativas. A...
O Concello de Ribeira inicia este martes as obras da rúa Miguel Rodríguez Bautista (faranse en dúas fases)
O Concello de Ribeira informa de que este martes, 21 de abril, comezan as obras de mellora do pavimento na rúa Miguel Rodríguez Bautista. Debido que se vai ter que pechar ao tráfico rodado, as obras executaranse en dúas fases para minimizar o impacto na circulación,...
O PSOE de Ribeira leva ao pleno a situación da sanidade pública no municipio, que cualifica de “grave”
O PSOE de Ribeira presentará no vindeiro pleno unha pregunta dirixida ao Goberno local para coñecer a súa valoración sobre a situación actual da sanidade pública no municipio e que medidas pensa adoptar para frear o seu progresivo deterioro. A iniciativa, sinala o...
Manuel Losada presenta este venres as súas dúas novas novelas en Vilagarcía
Manuel Losada, escritor afincado en Boiro e actual referente da literatura galega e de terror en lingua castelá, celebrará o vindeiro venres 24 de abril a súa primeira presentación literaria do ano en Vilagarcía de Arousa. O acto está previsto ás 19.30 horas no Centro...
Belén do Campo comproba en Ribeira o desenvolvemento das accións formativas para desempregados (AFD) que impulsa a Xunta
A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto á alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro, visitaron na mañá deste luns 20 de abril a sede da Academia Yara, en Santa Uxía, para coñecer de primeira man un dos dous cursos de accións formativas para desempregados (AFD)....
UCIN Boiro presenta unha proposta para crear unha praia canina e que sexan os veciños quen decidan a súa localización
O coordinador de UCIN Boiro, Miguel Piqueras, rexistrou no Concello unha proposta para a creación dunha praia canina no municipio, acompañada dun enfoque claro: que sexa a propia veciñanza quen decida o seu empranzamento mediante un proceso de participación cidadá,...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López
Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...
“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III
Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...
“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva
O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...
“La independencia de los jóvenes limitada por la falta de viviendas”, Javier García Sánchez
Nuestros políticos, sobre todo los que tienen poderejecutivo y de decisión, siguen dando vueltas -comosí estuvieran mareando la perdiz- a un tema demáxima importancia para los ciudadanos como es lavivienda. El problema afecta a todos los sectores dela sociedad y según...
“En busca de los hombres ante los ojos de la Historia”. Roberto Calos Miras
A las muchas autoras y autores. ¿Se puede escribir un libro con el título En Busca de los Hombres. Ante los ojos de laHistoria? Al hablar a través de la línea telefónica con el autor éste no quiere decir que lasmujeres realizan unas actividades y los hombres...


























