Novas mobilizacións no Hospital do Barbanza e campaña de apoios por unha sanidade pública de calidade

22 Abril 2026

Proseguen as concentracións da veciñanza de Ribeira e do Barbanza nos centros de saúde da contorna, mobilizacións que reclaman apoios para unha sanidade pública de calidade e que se cubran todas as prazas vacantes nos ambulatorios. Este martes 21 de abril houbo unha nova concentración diante do Hospital de Barbanza para esixir a redución das listas de agarda e que “haxa médicas e médicos suficientes para evitar demoras excesivas”.

Participaron integrantes da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza e de agrupacións como o BNG, que estivo novamente apoiando as reclamacións declarando que seguirán traballando nas institucións e na rúa para “lograr avances que permitan ter unha sanidade pública forte”. Tamén estiveron presentes representantes do PSdG na comarca do Barbanza, concretamente a segunda tentente de alcalde da Pobra, Patricia Lojo, acompañando ao alcalde José Carlos Vidal (Nós Pobra).

Amais, na recollida de apoios (sinaturas) da campaña estivo presente o ex alcalde de Ribeira, Luís Perez Barral (BNG), entre outras/os, que lembrou que este mércores prosegue durante a mañá a recollida de sinaturas pola sanidade pública.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.