
Manuel Losada, escritor afincado en Boiro e actual referente da literatura galega e de terror en lingua castelá, celebrará o vindeiro venres 24 de abril a súa primeira presentación literaria do ano en Vilagarcía de Arousa.
O acto está previsto ás 19.30 horas no Centro Sociocultural do Souto de Rubiáns, un enclave que acollerá a estrea conxunta das súas dúas últimas obras: La sombra de Carmen e El eco de las aguas muertas.
La sombra de Carmen desenvolve a súa trama no municipio de Boiro, incorporando escenarios recoñecíbeis e personaxes vinculados á contorna, o que reforza a conexión entre a obra e a realidade local.
Por outra banda, El eco de las aguas muertas traslada ao lector ao Incio (Lugo), onde un inquietante misterio desenvólvese ao redor dun balneario cargado de simbolismo.
Ambas as novelas enmárcanse dentro do xénero de misterio e suspense, selo característico do autor, e consolidan o seu estilo narrativo baseado na atmosfera, a tensión emocional e a conexión co territorio.
Esta presentación supón o inicio da xira literaria de Manuel Losada, que percorrerá distintos puntos de Galicia, reafirmando a súa presenza no panorama cultural e o seu vínculo co público.
O evento será de entrada libre ata completar aforo e incluirá intervención do autor, encontro con lectores e firma de exemplares.





