O Concello de Ribeira promove unha iniciativa de embelecemento de escaparates de locais baleiros

21 Abril 2026

Baixo a premisa de “mellorar a estética das rúas”, o Concello de Ribeira pon en marcha unha iniciativa para o embelecemento de escaparates de locais baleiros para así erradicar o “feísmo” a causa de cartelería excesiva e obsoleta.

En consecuencia, promóvese a limpeza e acondicionamento destes baixos comerciais sen actividade e a colocación de vinilos de alta calidade e rotulado homoxéneo con imaxes promocionais dos recursos turísticos de Ribeira, o cal “redunda na difusión turística mediante soportes alternativos e na dinamización comercial ao mesmo tempo que se fomenta a participación cidadá ao involucrar á cidadanía no coidado do pobo”, explicou o Concello, que asumirá con fondos propios a elaboración e o deseño dos distintos vinilos, así como o custe da colocación dos mesmos mentres estes baixos non conten con actividade económica.

“Xa no mes de novembro nos comprometemos nunha reunión cos socios da Asociación de Empresarios a traballar nunha campaña de mellora estética dos espazos públicos; unha medida que estivemos perfilando nestes meses. Cumprimos así a nosa palabra con esta nova iniciativa de embelecemento que se suma ao incremento da ornamentación vexetal. E isto non só embelece as nosas rúas, tamén sirve para poñer en valor os nosos recursos turísticos empregando soportes alternativos”, en palabras da alcaldesa, María Sampedro.

Preténdese así “restaurar a imaxe urbana, regular a cartelería e publicidade, dar cumprimento a ordenanza de colocación de carteis, revitalizar os locais baleiros e sensibilizar a propietarios e anunciantes sobre a responsabilidade no mantemento das propiedades privadas”.

Nesta iniciativa poderán tomar parte calquera persoa propietaria dalgún local comercial situado no termo municipal de Ribeira e que, no momento da solicitude, estea baleiro e inactivo. Os escaparates terán que cumprir unha serie de condicións mínimas de limpeza e conservación que permita a colocación do vinilo no seu cristal. A participación será de balde e poderase formalizar no prazo dun mes dende a publicación da información na páxina web municipal mediante enderezo electrónico a comercio@ribeira.gal, co Anexo I cuberto e a seguinte documentación: copia do DNI CIF, acreditación da propiedade e mínimo dunha fotografía da fachada do local con indicación do tamaño do escaparate.

O Concello de Ribeira avaliará tódalas solicitudes e seleccionará aqueles escaparates que considere axeitados para a posta en marcha da iniciativa atendendo as criterios de localización, tamaño, distribución equitativa polas rúas ou adecuación aos vinilos dispoñíbeis, entre outras cuestións.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.