O ciclo da Deputación da Coruña polo Día do Libro continúa o seu percorrido pola provincia (en Rianxo o 23 de abril)

21 Abril 2026

A Deputación da Coruña continúa a desenvolver o ciclo cultural ao redor da lectura organizado con motivo do Día do Libro. A iniciativa, impulsada pola Área de Cultura, ten como eixo central o documental A rebelión da lectura, producido por Espazo Lectura e dirixido por Alma Alonso e Asun G. Losada, que se está a proxectar ao longo de abril e maio en diferentes localidades acompañado dun coloquio coas propias autoras.

Segundo a deputada de Cultura, Natividade González, esta proposta pretende “afondar no papel da lectura como ferramenta de transformación social e promover o diálogo sobre os hábitos lectores e o acceso á cultura”.

O documental, estreado en 2026 e rodado en 2024, ten unha duración de 98 minutos e foi realizado en lingua galega, con subtítulos tamén en castelán e inglés. A peza audiovisual narra a experiencia de Espazo Lectura, unha entidade de referencia no fomento lector en Galiza, e recolle vinte anos de traballo arredor do libro como elemento socializador e de construción comunitaria, poñendo o foco no voluntariado e no compromiso colectivo coa lectura.

O ciclo comezou o pasado 10 de abril en Camariñas e continuou en Fene (15 de abril), Negreira (16 de abril) e Betanzos (17 de abril). As vindeiras sesións terán lugar en Cedeira (22 de abril), Rianxo (23 de abril), As Pontes (24 de abril), Mañón (30 de abril). As actividades rematarán no mes de maio en Brión (día 7) e Corcubión (día 15).

Cada sesión inclúe a exhibición do documental e un coloquio aberto coa participación de Alma Alonso e Asun G. Losada, no que se abordan as claves do proxecto audiovisual e se fomenta a reflexión colectiva arredor da lectura e da súa dimensión comunitaria.

Este ciclo enmárcase na liña de traballo da Deputación da Coruña de apoio á cultura como dereito e de promoción de iniciativas que contribúan a democratizar o acceso ao coñecemento e á creación cultural en todo o territorio.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.