Tarabela Creativa leva a Boiro este venres o teatro infantil “A tarabela ambulante”

22 Abril 2026

O Centro Social de Abanqueiro vai acoller este venres 24 de abril un espectáculo teatral para a rapazada: A tarabela ambulante: IDEA, a cargo de Tarabela Creativa.

Será a partir das 20.00 horas.

Esta é a historia de Mariña, unha nena que grazas ao aburrimento convértese en idea. O seu pensamento ten forma de tarabela de cores. Unha tarabela de 2.20m de altura que cada vez que xira fará que se lle vaian ocorrendo un lote de ideas mentres xoga na súa habitación. Así, irase enfrontando a dragóns, a xigantes, aprenderá a usar o enxeño e ata tocará o violoncello. Usará a linguaxe do xogo, mediante a cal poderemos entrar no seu universo, no que encarnará a distintos personaxes fantásticos. E a iso tamén nos axudarán os seus enormes xoguetes, a música, os efectos visuais e sonoros e o vestiario.

Ficha artística

Elenco espectáculo: Mariña Pena

Dirección: Carmen Conde

Duración minutos: 50min

Escenografía: Bieito Inc.

Arte: Marga Portomeñe

Son: Diego Gallego

Iluminación: Diego Gallego

Edición de audio en estudio: Ezequiel Orol

Vestiario: Los alfileres de Elia

Fotografía: Iván Mouronte

Colabora: Concello de Sarria

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.