Rianxo celebra o Día do Libro coa proxección do documental “A Rebelión da lectura”

21 Abril 2026

Con motivo da celebración do Día do Libro (este 23 de abril), Rianxo vai dar acollida á proxección e coloquio do documental A Rebelión da lectura de Espazo Lectura. Contarase coa presenza das directoras Asun G. Losada e Alma Alonso.

Trátase dunha proposta promovida pola Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo.

A cita será este xoves 23 de abril ás 19.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal, con entrada de balde até completar a capacidade do aforo.

A rebelión da lectura é un documental sobre a historia de Espazo Lectura, unha recoñecida asociación de fomento da lectura en galego.

Espazo Lectura é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a lectura en lingua galega. Mediante voluntariado, desenvolve ao longo do ano actividades para todas as idades: dende bebés a adultos (Noite na Biblioteca, Contomar, Lendo Contigo, Contos en Cueiros, Lecturas Debuxadas…).

No ano 2026 celébranse os 20 anos do Contomar, a primeira actividade de Espazo Lectura, e para celebralo preparouse unha longametraxe documental sobre a historia da asociación, que recolle todos estes anos de traballo e ilusión: A rebelión da lectura.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.