Belén do Campo comproba en Ribeira o desenvolvemento das accións formativas para desempregados (AFD) que impulsa a Xunta

20 Abril 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto á alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro, visitaron na mañá deste luns 20 de abril a sede da Academia Yara, en Santa Uxía, para coñecer de primeira man un dos dous cursos de accións formativas para desempregados (AFD).

Máis polo miúdo, a academia contou cun apoio de case 123.000 euros, na convocatoria 25-26, para impartir, o curso Coidados Estéticos de Mans e Pés, que rematou a principios deste mes,e o deSalón de Peiteado que comezou o pasado 6 de novembro e rematará o 16 de xullo que conta con 15 alumnas. Ademais, a delegada adiantou que na convocatoria 26-27 xa ten concedidos outros 3 cursos por un importe de máis de 164.000 euros deCoidado de Mans e Pés, Salón de Peitado e de Servizos Auxiliares de Estética.

Na visita a delegada informou que a Xunta de Galicia ten aberta convocatoria 2026-2027 das Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), cun orzamento de 60 millóns de euros, ampliado recentemente en 20 millóns para esta anualidade 2026 co obxectivo de reforzar a empregabilidade e dar resposta ás demandas reais de talento do tecido empresarial galego. A medida enmárcase no redeseño integral da formación para o emprego que está a impulsar o Goberno galego, baseado, dixo, “na flexibilidade, a axilidade administrativa e unha maior conexión co mercado laboral”.

Os cursos están dirixidos preferentemente a persoas desempregadas, aínda que poderán participar persoas ocupadas ata un máximo do 30 % das prazas, sempre que non se cubran con persoas sen traballo.

Indicou que o prazo de presentación de solicitudes esta aberto desde o 20 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2026. O financiamento distribuirase en dúas anualidades: 50 millóns de euros en 2026 e 10 millóns en 2027, para accións formativas que poderán iniciarse este ano e prolongarse no seguinte. As entidades e centros de formación acreditados para impartir graos A, B e C do Sistema de Formación Profesional e poderán optar ás axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva e contemplan anticipos de ata o 60 %.

A convocatoria, sinalou Belén do Campo, “garante unha oferta formativa dispoñíbel durante practicamente todo o ano”. Entre as novidades, flexibilízanse os requisitos de acceso: as persoas que finalicen unha acción formativa poderán matricularse nunha de nivel superior sen ter que agardar pola expedición do certificado profesional anterior, unha opción que tamén se estende a quen estea pendente da homologación dun título estranxeiro.

As accións formativas abranguen os graos A, B e C do Sistema de Formación Profesional, permitindo unha capacitación modular e adaptada ás necesidades de cada perfil. Así, inclúense microformacións de grao A, formacións de grao B, e programas de grao C. Esta estrutura facilita itinerarios máis flexibles e unha incorporación máis áxil ao mercado laboral.

Cada acción deberá acreditar unha demanda efectiva mínima do 30 % do alumnado, comprometida previamente polas entidades formativas. Ademais, os programas de grao C manterán o carácter dual obrigatorio, de xeito que polo menos o 25 % das horas se desenvolvan en contornas reais de traballo. As oficinas de emprego continuarán desempeñando un papel clave na detección de necesidades por sectores e territorios.

Belén do Campo destacou “o esforzo que realiza a Xunta neste tipo de formacións” xa que na convocatoria 26-27 xa se aprobaron na provincia da Coruña 196 cursos en 31 municipios sendo os promotores ao redor de 70 entidades e 5 concellos por un importe de máis 10,6 millóns de euros e, concretamente na comarca do Barbanza, coa recente ampliación, 13 cursos por un importe de máis de 1 millón de euros en 4 entidades e no Concello de Boiro. Concretamente, 5 cursos en Ribeira, 5 en Boiro e 3 en Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...