Boiro Novo pide melloras integrais de servizos e accesibilidade en Valmaior, Treites e O Louriño

21 Abril 2026

A agrupación Boiro Novo, a través do concelleiro Xurxo Triñanes Hermo, presentou para a súa aprobación no pleno da Corporación municipal unha moción destinada a acometer melloras nas zonas de Valmaior, Treites e O Louriño. Explican que “na parroquia de Cespón, a zona que comprende as ditas aldeas e arredores mantén unha situación de abandono histórico, con estradas estreitas e con gabias moi profundas nas que non caben dous vehículos simultaneamente e nas que camiñar é un perigo para os peóns; ao que se engade unha moi baixa frecuencia nos traballos de roza e limpeza das pistas coa consecuente diminución da visibilidade; a falta de sinalización tanto vertical como horizontal e danos nos sinais existentes; a ausencia marquesiñas o que provoca que os rapaces non poidan ter acubillo en caso de mal tempo; o alumeado insuficiente ou directamente ausente na zona que une Valmaior con Treites; un pozo de bombeo de Treites inoperativo; ou contedores rotos, sucios e inexistentes no caso de varias fraccións de lixo reciclábel”. Ao devandito, sinalan, únese o deterioro e falta de equipamentos deportivos nas pistas deportivas de Treites.

Dende Boiro Novo engaden que “estamos a falar dunha zona con preto de 200 veciños que precisa dun plan de mellora integral, mais aló de parches puntuais que non solucionan o problema de abandono de fondo que veñen arrastrando este núcleos de poboación. Entendemos que todos os veciños que contribúen cos seus impostos ao sostemento das arcas municipais merecen a lo menos ter uns servizos básicos mínimos, dignos e axeitados vivan no lugar que vivan do noso concello”.

Polo anteriormente exposto, solicitan o voto favorábel para a elaboración “dun plan de mellora integral na zona dos núcleos de Valmaior, Treites, Louriño e arredores desglosado a lo menos nas seguintes actuacións: aumentar o ancho das calzadas dotándoas con zona separada para peóns aproveitando onde sexa posíbel o espazo das cunetas existentes e instalado as tubaxes e canalizacións de pluviais necesarias; e dotar de sinalización tanto vertical como horizontal ás estradas e repoñer a que actualmente está danada”.

Tamén reclaman a reposición, mantemento e aumento dos distintos tipos de contedores de lixo e “cumprir así no seu caso do acordo plenario 1086/2026 proposto por Boiro Novo, para aumentar e mellorar o número de contedores de reciclaxe no rural do concello”.

Ademais, piden dotar de marquesiñas adecuadas e accesíbeis ás 3 paradas oficiais existentes na zona; a mellora xeral do alumeado e particularmente instalar luminarias na pista que une Valmaior con Treites; e dotar de porterías, canastras e outros equipamentos deportivos ás pistas deportivas de Treites, así como reacondicionar as mesmas para a práctica deportiva.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...